sábado, julio 26, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño instalará unha pantalla xigante para gozar da final da Eurocopa...

O Porriño instalará unha pantalla xigante para gozar da final da Eurocopa entre España e Inglaterra

Os veciños e as veciñas do Porriño así como as persoas que se acheguen ata este municipio da comarca da Louriña poderán desfrutar dunha xornada de emoción e deporte este domingo 27 de xullo a partir das 18:00 horas. E é que o Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Arquitecto Antonio Palacios para «animar e gozar do mellor fútbol europeo nun ambiente único». A selección española xógase o campeonato europeo contra as xogadoras inglesas.

Deste xeito, a final da Eurocopa entre España e Inglaterra encherá o centro do municipio dun ambiente festivo. Ademais, continúa ese mesmo día o mini parque acuático cun tobogán xigante de 15 metos con inchables de auga, atraccións deslizantes de 65 metros e unha festa de escuma. Será a partir das 17:30 horas e a entrada é de balde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS