sábado, julio 26, 2025
InicioNewsComarcasMáis de medio cento de negocios optan por asentarse no Porriño no...

Máis de medio cento de negocios optan por asentarse no Porriño no que vai de 2025

O Concello do Porriño consolida o seu papel como motor económico da provincia grazas ao impulso da actividade empresarial e á tramitación áxil de expedientes urbanísticos. Así o vén de explicar a administración local nun comunicado no que indica que «só no que vai de 2025, a Xunta de Goberno Local resolveu 62 expedientes de implantación ou modificación de actividades económicas, facilitando a apertura de novos negocios e a adaptación de locais en sectores como a restauración, o comercio, os servizos persoais e a pequena industria«.

Estas solicitudes abranguen desde restaurantes, locais de hostalaría ou tendas de roupa, ata salóns de peiteado ou pequenas industrias, «permitindo iniciar ou modificar o uso dun espazo para o desenvolvemento dunha actividade económica».

Este dinamismo administrativo enmárcase nun contexto económico sólido: máis de 2.200 empresas activas, máis de 3,5 millóns de metros cadrados de solo industrial ocupado e un dos PIB máis altos da provincia, «cifras que poñen de manifesto a forte estrutura empresarial do municipio e a súa capacidade para atraer e reter investimento», tal e como apuntan desde o Concello do Porriño.

Un departamento colapsado desde os anos 90

O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliña que «estes datos demostran que O Porriño é un concello que acompaña a quen quere emprender, con seriedade e axilidade administrativa. Queremos facilitar que se poñan en marcha proxectos sen atrancos burocráticos innecesarios».

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo, Promoción e Xestión de Vivenda, Medio Ambiente e Mercados, Antía Carrera, lembra que «o departamento estaba colapsado e moitos expedientes de actividades levaban bloqueados desde os anos 90. Hoxe estamos a resolver esa situación e a poñer o foco no desenvolvemento económico local».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS