miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsBaños de bosque: Volve a ruta da Deputación para descubrir a natureza...

Baños de bosque: Volve a ruta da Deputación para descubrir a natureza da provincia e con inicio en Covelo

A Deputación de Pontevedra abre este xoves o prazo para inscribirse nos percorridos do programa provincial «+Bosques», unha iniciativa que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos «baños de bosques«.

Rutas dos bosques en Pontevedra

O deputado Marcos Guisasola detallou esta iniciativa que permitirá gozar de percorridos entre agosto e outubro polas rutas da Xabriña (Covelo) e da Pedra e da Auga (Meis), O Carreirón (A Illa de Arousa), Cabo Udra (Bueu), Pazo de Lourizán (Pontevedra), a Illa de Tambo (Poio) e o río Eifonso (Vigo). As persoas interesadas en participar nas primeiras actividades, que terán lugar en agosto, poderán inscribirse a partir das 9:00 horas deste xoves 24 de xullo a través dun formulario que se habilitará na web da Deputación. 

Que é +Bosques?

“+Bosques”, tal e como explicou o deputado Marcos Guisasola, duplicou este ano a oferta de percorridos que chegarán a sete espazos da costa e o interior da provincia e permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas, algunhas delas pola tarde, pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza.

Deste xeito, promoverase  a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como realizaranse exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia. Por estes motivos cada ruta está limitada a un máximo de 15 persoas.

Inicio en Covelo

Os percorridos comezarán coa Ruta da Xabriña, o 2 de agosto, unha actividade que se repetirá os días 10 e 23 do mesmo mes. O 3 e o 24 de agosto chegarán á Ruta da Pedra e da Auga, o 9 ao Carreirón, o 16 e 31 a Cabo Udra, o 17 á Illa de Tambo e o 30 ao río Eifonso.

En setembro, +Bosques continuará pola Illa de Tambo, os días 6 e 20; pola ruta da Xabriña, o 7; polo Carreirón, o 13 e 28 de setembro; polo Pazo de Lourizán, o 14 e 27 de setembro; e pola ruta da Pedra e da Auga, o 21.

Xa en outubro o programa chegará ao Pazo de Lourizán, o 4 e 19; ao río Eifonso, o 5 e 12; a Cabo Udra, o 11 e 25; á ruta da Pedra e da Auga, o 18; á Illa de Tambo o 19 e rematará o 26 de outubro no Carreirón.

Para os percorridos de setembro a inscrición abrirase o 25 de agosto e para os que terán lugar en outubro o 22 de setembro, en ambas ocasións a partir das 9:00 horas. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS