jueves, julio 17, 2025
InicioNewsActualidadeDez chiringuitos de luxo e a pé de praia para desfrutar do...

Dez chiringuitos de luxo e a pé de praia para desfrutar do verán na provincia de Pontevedra

Se por algo é coñecida Galicia é pola súa gastronomía, as súas praias e a súa natureza. Cando se combinan as tres cousas, sen dúbida, o resultado é excelente.

Con tal motivo, unha forma única e especial de desfrutar do verán galego é visitar os seus chiringuitos a pé de praia, onde é posible degustar pratos típicos coma o churrasco, os pementos de padrón ou incluso polvo, nunha contorna espectacular e cunhas vistas inmellorables.

A continuación, unha pequena lista de dez chiringuitos para non perderse na costa da provincia de Pontevedra.

1. La Ola en Nigrán

Ubicado na Praia de Patos, do Concello de Nigrán, o Chiringuito La Ola ofrece almorzos, cócteis, comidas e cenas e concertos en vivo á beira do mar.

Ubicación: https://share.google/2XQy3HVHlndmZqr49

2. La Fuente en Vigo

Sobre a Praia da Fonte, en Vigo, ao remate da coñecida praia de Samil atópase o Chiringuito La Fuente, que ofrece unhas vistas inigualables ás Illas Cíes acompañado dun refresco e de música en directo.

Ubicación: https://share.google/chMn2TUtJw6L6PwVV

3. Chiringuito Cesantes en Redondela

Xunto á Praia de Cesantes, en Redondela, o chiringuito que leva o mesmo nome serve cafés, refrescos, cócteis e algúnha opción de comida. Ademais, conta en moitas ocasións con música en directo.

Ubicación: https://share.google/NWi7KnFFLNXg2v2P4

4. La Jaima en Cangas

Area baixo os pes, vistas ao mar e moi bo ambiente no chiringuito de La Jaima ubicado na céntrica Praia de Rodeira. Cócteis, refrescos e algún petisco para refrescarte este verán.

Ubicación: https://share.google/vlgOskO505NgPhaF3

5. Chiringuito Arneles en Cangas

Ao pé da Praia de Arneles no Chiringuito Arneles pódese atopar unha opción gastronómica excelente. Churrasco, paellas ou bocadillos para desfrutar ao lado do mar.

Ubicación: https://share.google/pe1qznNMPVUeu8LJO

6. Chiringuito Area Cova en Cangas

Cunhas vistas inmellorables, no Chiringuito Area Cova de Cangas pódese desfrutar dun momento refrescante tras un día de praia con posta de sol incluída. Un lugar máxico para as tardes de verán.

Ubicación: https://share.google/m88gJKoOvgUUq8sgh

7. Chiringuito Praia de Portiño no Grove

Música en directo, gastronomía galega e bo ambiente é o que se atopa no Chiringuito Praia do Portiño, ubicado en San Vicente do Mar.

Ubicación: https://share.google/Ur7g52S7X4eJGwKnL

8. Galifornia Beach Bar en Bueu

Galifornia Beach Bar ofrece en Bueu, xunto á Praia de Tulla, un espazo especial onde a música, a gastronomía e a natureza se convirten nunha única experiencia.

Ubicación: https://share.google/LcdYCT3Ti7opvBYnt

9. Patapalo en Illa de Arousa

Ambiente único e moita música en directo no Chiringuito PataPalo ubicado en pleno paraíso natural, a Illa de Arousa. Con zonas chill out e vistas ao mar.

Ubicación: https://share.google/dLo33A22UyDvE8MOf

10. A Boa Vida en Illa de Arousa

En pleno casco urbano da Illa de Arousa e a pé de praia, o Chiringuito A Boa Vida ofrece gastronomía, cócteis e un ambiente único e especial. Cunha estética coidada convértese nunha opción perfecta para desfrutar das noites de verán.

Ubicación: https://share.google/6k8MbgBAkXA68D90A

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS