A veces, tan só hai que contemplar o cotiá desde outro punto de vista. Precisamente, isto é o que propón Turismo Rías Baixas a través dunha ruta que percorre os mellores miradores para gozar das vistas do sur da provincia de Pontevedra. Todo isto combinando a natureza e a riqueza patrimonial.
En total, Turismo Rías Baixas propón 15 localizacións para desfrutar das vistas que ofrece os puntos máis altos de diferentes municipios como é o caso de Moaña, Ponteareas, Vigo, A Guarda ou O Grove, entre outros.
Miradores nas Rías Baixas
O Facho, en Cangas do Morrazo
Os viaxeiros e as viaxeiras que se acheguen ata o municipio de Cangas do Morrazo poderán gozar dunha das mellores vistas que ofrece a ría. Trátase do Facho no que, ademais, se poderá formar parte da paisaxe que dibuxa alí os atadeceres. Ten 184 metros de altura e, ao fonso, presiden o cadro as illas Cíes e as Ons.

A Picaraña, en Ponteareas
A capital da comarca do Condado, Ponteareas, ofrece outro dos miradores desde o que se poden contemplar a natureza que forma parte das Rías Baixas. Trátase do Monte da Picaraña. Sitúase a 387 metros de altura e a lenda di que «Pedro Madruga contaba cunha fortaleza que logo derribaro os Reis Católicos», segundo explican desde Turismo Rías Baixas. No máis alto, resiste a capela da Santa Cruz, edificada no ano 1907.

Santa Tegra, en A Guarda
O municipio costeiro da Guarda atesoura unha das mellores vistas das Rías Baixas. As persoas que así o desexen poderán gozar desta panorámica desde o mirador de Santa Trega. Desde alí, a panorámica ofrece a fronteira natural entre Galicia e Portugal a unha altitude de 341 metros. A escasos metros atópase un dos poblados preromanos mellor conservados do país.

Faro das Islas Cíes, en Vigo
Vigo conta cun dos atractivos turísticos máis aclamados polos galegos e polas galegas así como polas persoas que visitan a comunidade desde diferentes puntos do territorio nacional e internacional. Trátase das Illas Cíes e, precisamente, alí atópase un faro a 178 metros de altitude. Ademais, as persoas que suban ata este lugar poderán realizar, de igual xeito, unha ruta de 4 kilómetros desde a praia de Rodas, que permite coronar o cumio en algo máis de hora e media. O tramo final en zigzag é un dos puntos máis recoñecibles do litoral galego.

A Siralleda, no Grove
A mellor opción para contemplar a ría de Arousa e o océano Atlántico localízase na Siradella, no Grove. É o punto máis elevado do municipio e brinda unha imaxe completa do Bao e A Lanzada. De feito, as persoas que o visiten poden visitar o Centro de Interpertación da Natureza e unha zona de ocio infantil.
O Castro, en Vigo
De novo, a ruta dos miradoiros levan aos viaxeiros e as viaxeiras ata o municipio de Vigo. De feito máis concreto, ata O Castro, que brinda unha panorámica completa da ría de vigo co Morrazo ao fronte e as illas Cíes, ao horizonte. Sitúase a 149 metros sobre o nivel do mar.

O Cruceiriño, en Crecente
O mirador do Cruceiriño, en Crecente, permite obsevar o xiro de case 360 graos que realiza o río Miño ao seu paso pola comarca da Paradanta. Desde a cima, a paisaxe ofrece a panorámica das pontes de Filgueira e Cortegada.

O Con do Forno, na Illa de Arousa
A ruta dos miradoiros das Rías Baixas continúa agora ata o municipio da Illa de Arousa. De xeito máis concreto, ata O Con do Forno. Desde alí, é posible contemplar o centro da Illa e boa parte da ría de Arousa. Localízase a 20 minutos camiñando desde o centro do municipio.

Monte Aloia, en Tui
A 630 metros de altura, os viaxeiros e as viaxeiras poderán gozar dunha panorámica na que reinan os ríos Miño e Louro. Ademais, conta cunha pequena ermita de San Xiao que data do 1713, construida sobre un templo románico.

A Peneda, en Soutomaior
Con forma piramida, A Peneda, en Soutomaior, ofrece vistas sobre a ría de vigo con Rande e a Illa de San Simón como protagonistas. A lenda conta que existe un túnel subterráneo que conecta este monte co castelo de Soutomaior.

Lobeira, en Vilanova de Arousa
Se o obxectivo é divisar por completo a ría de Arouosa, a Lobeira é a mellor das opcións. O terreo permite chegar ata o desprazamento en bicicleta aínda que tamén é posible achegarse co vehículo e realizar o último tramo a pé.

Fervenza do Toxa, en Silleda
A ruta dos miradoiros continúa no municipio de Silleda. De xeito máis concreto, na Fervenza do Toxa. Alí, existe unha caída de auga de preto de 30 metros de altura que causa unha vista desde o alto do mirador do Toxa.

Mirador Campo da Rata, en Redondela
O municipio de redondela conta cun dos lugares máis visitados e fotoggrafiados da provincia. Trátase do Mirador Campo da Rata, un espazo no que poder desfrutar das mellores vistas panorámicas de Galicia desde o monte Trasmañó en Redondela. Reina a ponte de Rande e as illas Cíes.

Mirador das Antenas, en Moaña
A 600 metros de altura, o municipio conta co Mirador das Antenas, na parroquia de Domaio. Desde este lugar, é posible gozar das vistas que ofrece as tres vías da provincia de Pontevedra.

Couto das Forcadas, en Pontevedra
O parque forestal da Fracha, na Canivouva, conta cun novo mirador. Trátase do Couto das Forcadas desde o que se pode desfrutar dunhas vistas privilexiadas das rías de Pontevedra e de Vigo.

Mirador de Silleiro
A ruta dos miradoiros chega a súa fin no de Silleiro, que se sitúa a poucos metros do faro deste cabo. Sitúase na estrada que une o municipio de Baiona co da Guarda.
