miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsActualidadeJanet Novás actuará na Nave de Aceros do Tea de Ponteareas este...

Janet Novás actuará na Nave de Aceros do Tea de Ponteareas este venres

O ciclo de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra chega a Ponteareas da man da creadora escénica Janet Novás, que presentará a súa nova proposta She Night este venres ás 20h nas Naves de Aceros del Tea.

Comisariado por Iñaki Martínez Antelo, o ciclo de artes vivas da Bienal de Pontevedra ten a súa base en Pontevedra pero expándese por diferentes puntos da provincia, activando espazos urbanos, patrimoniais e industriais que se transforman en escenarios efémeros abertos ao público. Esta itinerancia busca conectar a creación contemporánea co territorio e os seus habitantes, favorecendo novos encontros e experiencias culturais.

A peza She Night marca o inicio dun novo proceso de investigación da artista Janet Novás, onde regresa ao traballo en solitario para recoller os materiais das súas dúas últimas creacións, Proto#SN1806 e Where is Janet? pechando así unha triloxía clave na súa carreira.

Segundo explica a propia Novás: “Para este proxecto teño o desexo de crear un espectáculo, unha película, un concerto, ser actriz, cantante e bailarina. Quero combinar todas as miñas inquietudes como artista e deixarme levar polo pracer de facer. She Night é unha ficción que me convida a voar para ser sen ter que explicarme. Unha criatura que nace da escuridade e fala daquilo que non se ve, pero está.”

Janet Novás, natural do Porriño, é bailarina e creadora. Formada en danza contemporánea entre Madrid, Bruxelas e Berlín, comezou en 2008 a desenvolver os seus propios proxectos, cunha linguaxe artística propia que destaca pola súa carga emocional e sinxeleza estética.

As súas obras foron presentadas en prestixiosos festivais nacionais e internacionais, e ten colaborado con artistas como Mercedes Peón e as deseñadoras de moda Zap&Buj.

Recentemente, deu o salto ao cinema como protagonista de O corno, filme dirixido por Jaione Camborda, gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. A súa interpretación valeulle o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación 2024, consolidándoa tamén como referente na escena audiovisual.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS