Sobre as 17:40 horas o 112 Galicia recibiu a alerta sobre un incendio que tiña lugar no túnel do Folgoso, na Cañiza. En concreto, o particular dun vehículo alertou a Emerxencias de Galicia que o seu vehículo estaba ardendo. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, non hai persoas feridas.
O suceso provocou o corte ao tráfico neste túnel da Cañiza. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas así como a Policía Local e axentes da Garda Civil de tráfico. Desde o 112 Galicia informan que os efectivos continúan traballando nas labores de extinción.