O Concello de Baiona vén de presentar o seu calendario de visitas para este verán 2025. Así, tras o éxito da visita temática de San Xoán o pasado domingo, o calendario continúa cunha visita infantil o vindeiro domingo 29 de xuño.
Esta nova ruta guiada, denominada «O misterio do muíño convertible«, discorrerá por parte da senda fluvial de Baredo co fin de que os nenos e nenas descubran diversos enigmas cos que desvelarán o misterio final. A idade recomendada é a partir de 5 anos e a visita dará comezo ás 17:00h.
A seguinte cita será o martes 1 de xullo, coa xa clásica visita polo Centro Histórico de Baiona. En concreto, esta visita terá lugar durante todos os martes de xullo e agosto e os sábados de setembro ás 11:00 horas.
Para todas as visitas, é imprescindible inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona ou no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal.
A maiores, o Concello de Baiona ofrece outras visitas durante todo o verán que se poden consultar na seguinte imaxe:
