viernes, junio 20, 2025
InicioNewsActualidadeO cacho de San Xoán: que herbas recoller e cando facelo

O cacho de San Xoán: que herbas recoller e cando facelo

Hai noites máxicas e noites que non se esquecen. Sen dúbida, San Xoán é unha delas. A noite de San Xoán, ou “Noite Meiga” tal e como é coñecida entre a sabiduría popular, é a que vai do 23 ao 24 de xuño. Case sen percatarnos, chegado o mes de xuño os días van alcanzando a súa máxima duración, o bo tempo comeza a albiscarse e a primavera deixa paso ao verán. 

As praias comezan a encherse de fogueira e as rúas convértense no lugar ideal para degustar as sardiñas e o pan de millo. E mentres as labaradas iluminan a noite e se oen risas, gaitas e saltos sobre o lume, en moitas casas galegas prepárase un cunco con auga limpa e un maínzo de herbas silvestres recén recollidas. 

Así é, unha das tradicións e rituais máis seguidos e que traspasan de xeración en xeración en Galicia na noite de San Xoán é a creación do que, na cultura tradicional, denominaban “Cacho”: un conxunto de flores e herbas que se recollen na tarde do 23 de xuño e que deixa no exterior e a remollo durante toda a noite de San Xoán. 

As prantas non son elexidas ao azar: cada unha ten o seu significado, a súa función, o seu aroma e a súa enerxía. Colócanse xuntas, déixanse baixo o ceo aberto para que se empapen co orballo e, á maña seguinte, esa mesma auga serve para lavar a cara. A cara, e tal e como di a sabiduría popular, “purificar o alma, espantar enfermedades así como atraer os bos augurios”.

Agora si, para non ter perda, aquí vai reflexada unha pequena guía de cales son as herbas de San Xoán necesarias para elaborar o cacho: 

1. Herba Luísa

A Herba Luísa é unha planta medicinal que ten propiedades como a relaxación e tamén é dixestiva e antiespasmódica. Ademais, asóciase ás boas enerxías e ten a cualidade de calmar os pensamentos negativos. 

2. Fiúncho 

O Fiúncho, asociado na cultura simbólica á protección e boa sorte e moi ligada ao fogar e á fertilidade ten como propiedades que estimula a dixestión, combate os gases e alivia os cólicos. Ademais, tamén se usa tradicionalmente como expectorante. 

3. Romeu

O romeu, trátase dun arbusto aromático que se emprega habitualmente polas súas características como estimulante circulatorio, antimicrobiano e para fortalecer a memoria. Ademais, está vinculado coa purificación, a forza espiritual e a protección contra o mal de ollo. 

4. Fento

O fento empregábase tradicionalmente como unha planta protectora e máxica. Ademais, estaba socialmente asociada á fertilidade e ao misterio.

5. Xesta

A xesta asóciase simbólicamente á limpeza e á renovcaión. Ademais, son moitos os fogares que a empregan para protexer as súas casas. A maiores, mediciñalmente ten un uso moi limitado por posible toxicidade. 

6. Malva

A malva foi sempre segundo marca a tradición unha planta asociada á saúde e á limpeza espiritual. En canto ás súas propiedades, emprégase como antiinflamatorio, suavizante e está considerada boa para as afecccións respiratorias e da pel. 

7. Herba de San Xoán

A Herba de San Xoán, tamén chamada Abeluria, é tradicionalmente empregada polas súas cualidades cicatrizantes. Ademais, simbólicamente estaba considerada como unha planta especial contra o demo. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS