jueves, junio 19, 2025
InicioNewsActualidadeCondena de sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual nun...

Condena de sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual nun aparcadoiro de Vigo

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condenou a sete anos de cárcere ao autor dunha agresión sexual e dun roubo no aparcadoiro da rúa Rosalía de Castro, en Vigo. A Sala considerouno responsable dun delito de agresión sexual con penetración, polo que lle impuxo cinco anos de prisión, e dun delito de roubo con violencia, polo que o condenou a dous anos de cárcere. Ademais, o tribunal impúxolle a medida de liberdade vixiada durante cinco anos, a executar con posterioridade ao cumprimento da pena de prisión, e a prohibición, durante dez anos, de comunicarse e aproximarse á vítima, así como o pago dunha indemnización de 9.000 euros. 

Que ocorreu?

Os maxistrados da Audiencia Provincial consideraron probado na sentenza, agora confirmada polo TSXG, que o procesado se atopou ao afectado, ao que non coñecía, na rúa Rosalía de Castro durante a madrugada do 29 de maio de 2022 e convidouno a consumir cocaína. Con ese obxectivo, segundo consta no fallo, ambos baixaron aos baños do aparcamento subterráneo e, unha vez alí, o condenado agrediuno sexualmente. Cando a vítima caeu ao chan, o acusado fuxiu do lugar, levándose o seu teléfono móbil. Instantes despois foi detido e, durante o cacheo, intervéuselle o terminal subtraído.

O alto tribunal galego salienta na sentenza que o narrado pola vítima “é crible en si mesmo”, tanto pola súa concreción como pola ausencia de contradicións. A iso, engade que recoñeceu os feitos, «tanto os favorables como os prexudiciais». Ademais, os maxistrados afirman que a súa versión foi corroborada por varias testemuñas e polo parte médico do servizo de urxencias do hospital.  A Sala do Civil e Penal descarta a existencia de erro na estimación da proba e que se vulnerase a presunción de inocencia. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS