A Xunta reforzará as frecuencias de autobús entre Vigo e Panxón, en Nigrán, durante as festas de san Xoán para facilitar os desprazamentos dos asistentes na liña Panxón (pistas tenis) – Ramallosa – Lourido – Panxón – Canido – Vigo E.I.
Cando empeza a ruta especial por San Xoan?
Así, o luns 23 de xuño estarán dispoñibles oito servizos especiais de ida dende a estación intermodal de Vigo cara a Panxón con frecuencias horarias dende o mediodía ata a noite. Concretamente, sairán ás 15,10, 16,10, 16,50, 18,00, 19,10, 20,00, 21,00 e ás 22,30 horas.
Por outra banda, para o regreso, habilitaranse 10 servizos especiais o martes 24 de xuño con saída desde Panxón (pistas tenis) cara a Vigo E.I. dende as 06,00 horas. En concreto serán ás 06,00, 06,15, 06,30, 06,45, 07,00, 07,15, 07,30, 07,45, 08,00 e 09,00 horas.
Paradas
Durante o percorrido, que terá unha duración prevista de 55 minutos, os autobuses efectuarán parada nos seguintes puntos da liña: Panxón (pistas tenis), Panxón (Pavillón), Panxón, Panxón (estación), Panxón (cruce Monteferro), Patos – C.Via, Prado, Fontan, Saiáns (PO-325), Canido (Rocinante), Canido, Hermida, Coruxo Estación, Coruxo (Tomas Fdez), Os Muiños, Xuncal, Caramuxo (A Roda), Caramuxo, Florida e Vigo E.I.
Coa posta en marcha destes servizos especiais, a Xunta busca «facilitar mellores alternativas de mobilidade en transporte público durante as festas, reducindo os riscos da condución nocturna e minorando o impacto medioambiental e sobre o tráfico», segundo indican desde a administración autonómica.
Descontos
Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, como no resto de servizos da Xunta. Os demais usuarios tamén poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información completa dos horarios e das paradas destes servizos poderá consultarse na páxina web www.bus.gal.