jueves, junio 19, 2025
InicioNewsA Garda Civil detén a un veciño de Oia por 11 roubos...

A Garda Civil detén a un veciño de Oia por 11 roubos con forza e 3 furtos en Baiona

A Garda Civil de Baiona detivo un veciño de Oia, de 45 anos e con antecedentes penais, como presunto autor de once delitos de roubo con forza e tres delitos menos graves de furto. Os feitos tiveron lugar en distintos domicilios do Baixo Miño dende finais de 2024.

Dende finais do pasado ano 2024, as autoridades detectaron un aumento de delitos de roubo con forza cometidos no interior de vivendas unifamiliares no Baixo Miño. Todos estes roubos presentaban un modus operandi similar posto que se trataba de vivendas unifamiliares de fácil acceso, na súa maioría segundas residencias.

A investigación iniciouse a raíz destes feitos. Os roubos realizáronse efectuando escalos para acceder ás propiedades e danos en ventás para entrar nas vivendas. Entre os efectos subtraídos cabe destacar xoias, diñeiro, obxectos de decoración, menaxe de fogar, teléfonos móbiles e bicicletas.

A detención deste home, que recentemente saíra de prisión, levouse a cabo o pasado 17 de xuño. No momento da detención, incautáronselle unha bicicleta e varias xoias. Posteriormente, el mesmo fixo entrega voluntaria doutros obxectos, incluíndo dúas bicicletas e varios teléfonos móbiles.

O detido, xunto coas dilixencias, pasou a disposición xudicial no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS