lunes, junio 16, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas recupera o esquecido Túnel do Confurco que pretendía conectar Vigo co...

Ponteareas recupera o esquecido Túnel do Confurco que pretendía conectar Vigo co Balneario de Mondriz

Ponteareas vén de inaugurar un roteiro mineiro do tranvía do Confurco que pretendía conectar, a comezos do século XX, Vigo co Balneario de Mondariz. Este túnel localízase na parroquia de Xinzo, na capital da comarca do Condado.

A ruta consta de 22,3 quilómetros de ruta linean e conta cunha dificultade alta. Con todo, a concelleira Silvia Fernández indica que «as fermosas paisaxes que conforman esta ruta fan que vala a pena». Podes escoitar a entrevista completa aquí:

A inauguración tivo lugar o sábado 14 de xuño, cando a Cámara Oficial Mineira de Galicia levou a cabo unha ruta guiada e gratuita entre o túneo do Confurco e o Balneario de Mondariz, «unindo catro puntos de interese de patrimonio mineiro nos municipios de Ponteareas e Mondariz-Balneario». A actividade desenvolvouse no marco da plataforma Minaría Sostible de Galicia a través do seu programa MinaTUR en colaboración coa Xunta de Galicia.

sábado 14 de xuño, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza unha ruta guiada gratuíta entre o túnel do Confurco e o Balneario de Mondariz, unindo catro puntos de interese (tótems) de patrimonio mineiro, nos concellos de Ponteareas e Mondariz-Balneario (Pontevedra). Esta actividade desenvólvese no marco da plataforma Minaría Sostible de Galicia, a través do seu programa MInaTUR, en colaboración coa Xunta de Galicia. É posible consultar a localización exacta a través deste enlace.

As e os asistentes coñeceron este proxecto de tranvía, impulsado por Enrique Peinador que, a comezos do século XX, pretendía conectar Vigo co Balneario de Mondariz. Ademais, o seu percorrido polo val do río Tea atravesa outras zonas de minaría histórica, localizadas no Castro da Croa e no Castro de Troña.

A concelleira Silvia Fernández no estudo 1 de Si Radio
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS