lunes, junio 16, 2025
InicioNewsActualidadeO Camiño da Costa suma xa 35.000 peregrinos este ano, un 19%...

O Camiño da Costa suma xa 35.000 peregrinos este ano, un 19% máis que no mesmo periodo do 2024

Os delegados territoriais da Xunta de Galicia en Vigo e Pontevedra, Ana Ortiz e Agustín Reguera, acompañados pola alcaldesa de Oia, Cristina Lorenzo, e a concelleira de Turismo de Baiona, Sheila González, anunciaron este luns a convocatoria da segunda edición da Etapa Popular Camiño da Costa, unha iniciativa que se celebrará o vindeiro domingo, 22 de xuño, cun percorrido polo tramo da peregrinación xacobea que une Oia e Baiona.

“Os datos avalan o éxito do percorrido que nace en Portugal e nos últimos meses reflicten que é a ruta xacobea que máis crece con multitude de peregrinos optando polo Camiño da Costa”, sinalou Ortiz. Pola súa banda, Reguera incidiu en que “se trata do camiño que experimentou un maior incremento e temos que seguir fomentando a chegada de camiñantes”. 

Camiño da Costa en Galicia

Cristina Correa e Sheila González explicaron os lugares polo que pasa o trazado. “É sen dúbida unha das zonas máis bonitas e os datos estatísticos son extraordinarios”, sinalou a alcaldesa. A concelleira de Baiona engadiu que “o turismo, o deporte e a vida saudable únense no camiño”. Acompañados por representantes de comerciantes, hosteleiros e asociacións, os delegados explicaron que en este 2025 xa foron casi 35.000 os peregrinos que recolleron a súa Compostela tras realizar a ruta que pasa por Vigo, un 19 por cento máis que no mesmo periodo de 2024. 

Sen sinalización en Vigo

A delegada lembrou que actualmente «Vigo é a única cidade de Europa que non ten sinalizado o Camiño de Santiago«. Unha circunstancia que «non entendemos esta negativa do alcalde de Vigo a sinalizar o paso da ruta despois de comprometerse co presidente Rueda na reunión que tiveron hai agora un ano”, engadiu. 

Como participar na Etapa Popular?

A Xunta de Galicia en Vigo organiza esta actividade coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo. Para participar hai que rexistrarse chamando ao número de teléfono 986 81 77 97, desde hoxe ata o vindeiro xoves 19 como tope.

O punto de encontro o día 22 de xuño será na fachada da Delegación Territorial ás 07:30 horas. Desde aquí realizarase o traslado en bus de todos os participantes ata ao mosteiro de Santa María de Oia, onde estará o punto de saída ás 09:00 horas. A chegada está prevista a partir das 13:00 horas na Oficia de Turismo de Baiona. Na iniciativa colaboran a Federación Provincial de Comerciantes, a Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra, Biscuits Galicia, Vodea, Coca-Cola e Gadis.  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS