Coa chegada das altas temperaturas, son moitas as persoas que se desprazan dende o interior da provincia de Pontevedra cara a costa coa finalidade de refrescarse e bañarse na auga do mar.
A zona de Vigo, e arredores, está chea de praias e areais para o desfrute de grandes e pequenos. A continuación, unha pequena mostra de dez das mellores praias e con bandeira azul da zona de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño.
Praia de Rodas
Situada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Praia de Rodas está catalogada como unha das mellores praias das Rías Baixas. Ademais, foi nomeada como mellor praia do mundo polo diario británico The Guardian.
Como chegar: aquí.

O Vao
Moi pretiño do centro da cidade olívica, a Praia do Vao preséntase como unha das opcións máis escollida polos vigueses.
Conta tamén con augas claras e area branca e fina e con vistas á Illa de Toralla.
Como chegar: aquí

A Fontaíña
A Fontaíña trátase dun areal duns 280 metros que destaca polas súas augas limpas e a súa area branca e fina.
Ademais, está resguardada da brisa e do aire.
Como chegar: aquí.

A Argazada
Esta praia, contígua ao areal de Samil, localízase na parroquia viguesa de Alcabre e conta con bandeira azul e recibe en moitas ocasións a denominación de ‘Praia Azul¡.
Dende a mesma, pódese desfrutar das vistas ás Illas Cíes e ten un areal duns 400 metros aproximadamente.
Como chegar: aquí

O Tombo do Gato
A continuación da praia anterior, en dirección contraria á Pramia de Samil, encóntrase a Praia ‘O Tombo do Gato’ tamén coñecida como a Praia de ‘La Fuente’ para moitos veciños e veciñas da cidade.
Esta praia, que conta con chiringuito, ofrece boas características e con bandeira azul a pesar do seu pequeno tamaño.
Como chegar: aquí

Canido
A Praia de Canido, situada tamén na costa na cidade olívica, conta con area fina e de cor branca.
Un total de 270 metros de areal e que conta con servizo de duchas, servizos hixénicos e posto de socorrismo.
Como chegar: aquí.

A Punta
A Praia da Punta é unha das máis coñecidas do litoral costeiro do barrio de Teis.
Conta con augas transparentes e pódese acceder a ela dende o paseo peonil da Guía.
Como chegar: aquí.

A Barbeira
Afastándonos xa do centro da cidade, chegamos á comarca do Val Miñor. Alí, no Concello de Baiona atopamos A Barbeira, un areal situado preto do Castelo de Monterreal.
O pequeno areal, de 190 metros de extensión, é unha das opcións preferidas para veciños e veciñas pola súa cercanía ao centro da vila.
Como chegar: aquí.

Os Frades
Tamén situada no termo muncipal de Baiona, e moi preto da Barbeira atópase a Praia dos Frades.
Trátase dun pequeno areal orientado cara o atlántico, maiormente rocosa e con area grosa.
Como chegar: aquí.

O Muíño
Xa no termo municipal da Guarda, encóntrase a Praia O Muíño, situada nun punto clave como é a desembocadura do río Miño.
Ademais, o areal atópase dentro do Sistema dunar do Esteiro do Miño e é Zona de Especial Protección para as Aves.
Como chegar: aquí.

Area Grande
Tamén no Concello da Guarda e coa concesión da bandeira azul, está a Praia de Area Grande.
Ten unha lonxitude aproximada de 300 metros e con fácil acceso en coche.
Como chegar: aquí.
