martes, junio 17, 2025
InicioNewsActualidadeA noite máxica de San Xoán acende Poio con fogueiras, sardiñadas e...

A noite máxica de San Xoán acende Poio con fogueiras, sardiñadas e verbena con París de Noia ou Miramar

Os veciños e as veciñas de Poio prepáranse para vivir a maxia de San Xoán cunha extensa e variada programación que se estenderá dende o domingo 22 ata o venres 27 de xuño de 2025 con actividades que prometen días e noites cheos de tradición, música e gastronomía con eventos para todos os públicos e idades.

Alboradas en Poio por San Xoan 2025

A celebración comeza o domingo 22 de xuño coas tradicionais alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais como a Escola de Música Tradicional de Poio e Vides Novas. Pola mañá, a Praza do Mosteiro acollerá o concerto da Escola de Música de Poio ás 12:45h.

Pola tarde, haberá un pasarrúas con Máis Cantos dende a rúa Fernández de la Mora ata a Praza do Mosteiro. Ás 21:00h , dende a Casa Consistorial, celebrarase o pregón de San Xoán a cargo de Pilar Martínez Soto , coa entrega dos premios do concurso de carteis de San Xoán e o recoñecemento aos Deportistas da tempada 2024-2025. A xornada rematará coa actuación musical do Grupo Azabache e unha degustación de rosca e viño.

A noite máxica de San Xoan

O luns 23 de xuño, véspera de San Xoán, as festas terán o seu punto álxido. Tras as alboradas , ás 18:00h , terá lugar a recollida de herbas de San Xoán no Local Social do Sartal, amenizada polas Pandereteiras do Ronsel.

A noite acollerá os pratos fortes. A partir das 21:30 horas terá lugar a sardiñada popular na Seca , seguida da gran verbena con Ritmo Joven ás 22:30h. O momento culminante será ás 23:30h co espectáculo de lume e o prendido da fogueira na Seca.

O martes 24 de xuño , día de San Xoán Bautista, comezará con alboradas e a baixada de San Martiño coa agrupación Vides Novas ás 11:30h. Ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne coa Coral de Poio. Pola tarde, ás 13:00h, haberá un concerto da Banda de Música de Marín na Praza do Mosteiro. A noite pecharase cunha gran verbena na Seca amenizada polas orquestras Miramar e La Ocaband ás 22:00h.

Cando actúa París de Noia en Poio?

A festa prolongarase o mércores 25 con alboradas , misa solemne en honra de Santa Trahamunda e a subida a San Martiño. Haberá concertos de bandas de música e da Escola de Acordeóns de Campelo , e a noite será amenizada polas orquestras Os Satélites e París de Noia na Seca.

O xoves 26 continuará a programación con misa, concerto de banda de música, outro concerto da Escola de Acordeóns de Campelo , e unha gran verbena con Capitol e Marbella ás 22:00h na Seca, culminando con fogos ás 23:59h.

A festa infantil na Seca con inchables, escuma e animación musical poñerá fin á programación do venres 27 de xuño. Pola noite, o Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó acollerá o Festival Fin de curso da Escola de Acordeóns de Campelo cunha entrada solidaria de 1 kg de alimentos non perecedeiros.

Que orquestas actúan en Poio por San Xoan 2025?

  • Miramar e La Ocaband (Martes 24)
  • Os Satélites e París de Noia (Mércores 25)
  • Capitol e Marbella (Xoves 26)

Programación completa de San Xoan en Poio

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS