sábado, junio 14, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño convida a redescubrir a Antonio Palacios con dúas rutas guiadas...

O Porriño convida a redescubrir a Antonio Palacios con dúas rutas guiadas gratuitas

O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Turismo, organiza este sábado 14 de xuño dúas visitas guiadas pola Ruta Antonio Palacios, co obxectivo de «poñer en valor o legado e o patrimonio que o ilustre arquitecto deixou na súa vila natal», segundo indican desde a administración local.

As visitas, que terán lugar ás 16:00 h e ás 17:15 h, estarán guiadas por unha profesional oficial e están abertas ao público en xeral, con reserva previa e un máximo de 25 persoas por grupo. O  punto de partida será nas escaleiras da Fonte do Cristo, a primeira obra de Antonio Palacios no Porriño, que, segundo explican desde o Concello, » constitúe un símbolo emblemático da súa pegada arquitectónica na vila».

Premios Antonio Palacios 2025

Esta actividade enmárcase na programación especial organizada con motivo da entrega dos Premios Antonio Palacios, unha iniciativa do Concello que busca salientar a figura «dun dos  grandes referentes da arquitectura galega e española«.

Alejandro Lorenzo, Alcalde do Porriño, destaca que “coñecer a obra de Palacios é comprender parte da nosa identidade. Esta ruta permite achegar o seu legado tanto á veciñanza como ás  persoas visitantes, fomentando o orgullo polo noso patrimonio.”  

Pola súa banda, Vanessa Ucha, Concelleira de Turismo, subliña que “estas visitas constitúen unha oportunidade única para redescubrir O Porriño a través dos ollos dun dos seus fillos máis ilustres e para sentir o orgullo polo patrimonio arquitectónico que temos.”  

Desde o Concello do Porriño animan a » toda a cidadanía a participar nesta actividade cultural  e divulgativa, que convida a reflexionar sobre o presente coa mirada posta no pasado e a  recoñecer a importancia da figura de Antonio Palacios na historia da nosa vila».  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS