O coordinador do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, Manuel González González, mantivo un encontro con alfombreiras e alfombreiros de Ponteareas, despois de que a RAG aceptase a incorporación do termo “alfombreiro, -a” no seu Dicionario.
Segundo indican desde o BNG de Ponteareas, «o encontro foi promovido pola deputada no Parlamento Galego e líder do BNG en Ponteareas, Cristina Fernández Davila, co obxectivo de afondar no recoñecemento institucional desta tradición centenaria e do traballo colectivo das persoas que manteñen viva esta expresión tan arraigada no municipio».
Podes escoitar as declaracións aquí: