Para vivir o Corpus Christi con todos os sentidos, o Concello de Ponteareas abre a primeira ruta de “Sabores do Corpus” cunha ruta de petiscos que terán un prezo de 1,50 euros. Trátase «dun prezo simbólico para que todas as familias poidan participar», segundo indican desde a administración local.
Todo o sabor de Ponteareas nun só bocado, os pinchos de Tapas do Corpus concentrarán «sabor e calidade para potenciar a hostalaría local«, así o explicou o concelleiro de Comercio, Ricardo González, que repartíu a cartelería entre os quince locais participantes.
A particularidade desta ruta de pinchos en Ponteareas é que dura tan só dous días. Comeza este venres 13 de xuño e finaliza o sábado 14 de xuño. Así, as persoas poderán degustar diferentes propostas como unha cazoliña turca ata unha miniburguer, entre outras cuestións.
Que locais participan no Sabores do Corpus 2025?
En total, son 15 os establecementos que participan nesta primeira edición de Sabores do Corpus:
- A Tenda
- A Triga
- Chiquitita
- Don Kebab
- D´Peyo
- El Puchero
- El Troll
- Luna Flor
- Mama Fina
- Montadito
- Papelón con Limón
- O Tunel
- Rincón del café
- Romi
- Xirope
Deste xeito, a ruta de pincho de Sabores do Corpus será a excusa perfecta para «quedar cos amigos e o prezo reducido facilitará que sexa asequible para as familias e que poidamos visitar varios locais”.Desde o Concello indican que é «un euro e medio de sabor para acompañar as consumicións que non entran neste prezo».
Quen gañou o Saborotea 2025?
A concellería de Comercio deseña ao longo do ano distintas iniciativas de promoción e posta en valor do comercio e hostalaría local como a ruta de almorzos Saborotea que entregará este xoves día 12 os seus premios. Será no salón de plenos ás 16:00 horas aberto a toda a cidadanía porque no marco da entrega de premios tamén se procederá ao sorteo dos agasallos para todos as e os clientes que participaron e depositaron nas caixas dos locais o seu pasaporte selado. O xurado entregará tres primeiros premios e dúas mencións especiais ao mellor café e ao mellor servizo.
A alcaldesa Nava Castro e Ricardo González convidan a toda a cidadanía a participar neste acto público e tamén «nos concursos e rutas que se organizan e que supoñen non só dinamizadores económicos, tamén sociais comprobamos, edición tras edición, que as citas gastronómicas promoven o encontro e provocan que as persoas queden, comenten e conversen arredor da comida, do local e da vila”.
Desde a administración local indican que «á ruta de almorzos Saborotea súmanse o Pinchotea e a os concursos deseñados para a promoción do tecido comercial como o de adornos de nadal ou os específicos para campañas como as de San Valentín ou Día da Nai».