A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de amitir un aviso por fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel amarelo ante a previsión de treboadas e choiva que afectarán as provincias da Coruña (Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas), segundo as previsións da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET). O episodio comezará nas últimas horas da tarde deste martes 10 de xuño de 2025 e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 11 de xuño de 2025.
Deste xeito, a Axencia Estatal de Metereoloxía avisa, no seu boletín do 9 de xaneiro ás 11:20 horas, dunhas fortes treboadas de carácter forte nas zonas afectadas. Estas son as provincias da Coruña e a zona das Rías Baixas, en Pontevedra. Ademais, as tormentas poden vir acompañadas de saraiba.
Neste contexto, o 112 Galicia pide que se tomen as medidas de precaución e, no seu caso, que a cidadanía alerte a Emerxencias.