domingo, junio 8, 2025
InicioNewsActualidadeSalvaterra prepara a apertura da súa piscina municipal coa construción dunha nova...

Salvaterra prepara a apertura da súa piscina municipal coa construción dunha nova beirarrúa e un novo peche

O Concello de Salvaterra de Miño ultima as obras de posta a punto dos vasos da súa piscina municipal así como da mellora do perímetro do recinto. Ademais, as obras de remodelación inclúen a construción dunha nova beirarrúa e un novo peche que mellorará a seguridade do recinto.

A esta actuación de mellora das insfraestruturas da Canuda, apuntan dende o goberno local, «uniráselle en breve as obras de mellora da pista deportiva, a zona de skate e as pistas de tenis«.

Estas obras englóbanse dentro do Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas Municipais que suman actuacións por máis dun millón de euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS