martes, julio 22, 2025
InicioNewsActualidadeDimite o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, tras unha denuncia por agresión...

Dimite o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, tras unha denuncia por agresión sexual

O conselleiro de Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, anuncia a súa dimisión ao estar investigado por agresión sexual. O xa ex conselleiro mantivo a súa inocencia nunha conferencia de prensa convocada de urxencia en Santiago de Compostela e na que estivo respaldado polos altos cargos do seu departamente.

A persoa que denunciou a Villares por agresión sexual é a presentadora de televisión Paloma Lago, segundo indican fontes cercanas ao ex conselleiro e á modelo ferrolá, tal e como recolle a axencia de noticias pública EFE.

Villares, que levaba a carteira de Mar desde o ano 2023 en sustitución de Rosa Quintana, inidicou que se marcha «para renunciar a súa condición de aforado» e quixo agradecer ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, «que comprendera as miñas razóns e aceptara a miña dimisión, ao igual que a confianza que depositou en min ao nomearme».

Alfonso Villares fixo pública así a súa dimisión nunha breve comparecencia tras recibir unha notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se lle informaba de que está sendo investigado nun proceso xudicial «que afecta a súa esfera persoal», segundo indicou.

Nova conselleira do Mar en Galicia

O nomeamento da nova persoa que se fará cargo da carteira de Mar da Xunta de Galicia foi rápido e o presidente, Alfonso Rueda, nomeou xa a Marta Villaverde como a nova conselleira da área tras a dimisión de Alfonso Villares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS