viernes, junio 6, 2025
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda pon data a unha nova edición da Festa da Langosta...

A Guarda pon data a unha nova edición da Festa da Langosta para recibir ata 600 comensais este 2025

A Guarda xa ten data para celebrar, un ano máis, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Trátase da 32 edición que se celebrará a primeira fin de semana de xullo, os días 4, 5 e 6 de xullo, cunha novidade: a festa adiántase ao venres ás 12:00h da mañá.

Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa «tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía)», segundo indican desde a adminsitración local. Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.

Carpa de 1.200 metros cadrados na Guarda

Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da fin de semana no porto da Guarda para desfrutar «dunha comida excepciona». Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.  

A Festa da Langosta traspasa o eido gastronómico e terá unha proposta musical e lúdica para achegarse a todos os públicos. Ao longo deste mes de xuño daranse a coñecer outras novidades, como a programación completa e tamén o nome da persoa encargada do pregón este ano, segundo avanzan desde o Concello da Guarda.

“Estamos moi contentos de que a Festa da Langosta e da cociña mariñeira siga crecendo, este ano xa incluíndo tamén o mediodía do venres”, manifestaba o alcalde, Roberto Carrero, “A Guarda xa é esa fin de semana o referente de festa gastronómica en Galicia”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS