domingo, junio 1, 2025
InicioNewsActualidadeSaen a concurso os postos para as festas do verán en Salvterra...

Saen a concurso os postos para as festas do verán en Salvterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño vén de informar que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para os postos de comida e bebidas para as festas que terán lugar no verán na contorna do recinto amurallado.

Así, os postos abrirán para as festas de O Son da Muralla, Imos de Guateque, Festa do Viño do Condado do Tea e a Festa do Viño Espumoso. Deste xeito, os pequenos establecementos que saen a concurso son: bar, postos de embutidos, venda de marisco, asado, churrasco, polvo, filloas, xamón, taperías, postres, produtos gourmet, pizzas e postos libres.

As persoas ou empresas interesadas poderán consultar a documentación necesaria na sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes é de dez días naturais, sendo o día 9 de xuño o último hábil para presentarse.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS