sábado, mayo 31, 2025
InicioNewsActualidadePistoletazo de saída ao verán na Freixa con concertos, gastronomía e bo...

Pistoletazo de saída ao verán na Freixa con concertos, gastronomía e bo tempo

Coa chegada da tempada estival, os chiringuitos situados ao carón do río Tea, na contorna da Praia da Freixa preparan a súa posta en marcha para dar comezo ao verán.

Así, tal e como informou a informativos de Si Radio o actual alcalde en funcións, Juan Carlos González Carrera, «a maior parte dos chiringuitos da Freixa abrirán as súas portas este venres 30 de maio» da man do Festival do Arcanxo e coa colaboración do Concello de Ponteareas, con música e bo ambiente.

Segundo asegurou Gonzalez Carrera, o obxectivo é que «cada fin de semana, haxa música en directo na contorna da Freixa» e converter o espazo «nun lugar de encontro e referencia para Ponteareas e a comarca, tal e como foi o ano pasado». Ademais, apuntou que dende o goberno local «seguirán avanzando na negociación para adquirir novos terreos destinados a aparcamento«.

Desta forma, o ciclo de concertos ‘Noites do Arcanxo‘ dará comezo este mesmo vernes coas actuacións de Cividade Hill e Suevia, fronte aos chiringuitos. Do mesmo xeito, as ‘Noites do Arcanxo’ continuarán o vindeiro venres 6 de xuño coa actuación de Aneuma e outra banda aínda por confirmar.

Os concertos darán comezo, en ambas ocasións, ás 21:30h e a entrada é de balde.

Festival do Arcanxo

O Festival do Arcanxo terá lugar en Ponteareas durante a terceira fin de semana de xullo. Así, os días 18, 19 e 20 de xullo, a contorna da Freixa acollerá tres días festa con música metal e punk.

Máis de 20 bandas e artistas daranse cita durante os tres días do festival para o deleite de todos e todas as asistentes. Ademais, haberá zona de acampada de balde con zona arborada no antigo camping da Freixa.

As entradas xa están á venda na páxina web do Festival.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS