sábado, mayo 31, 2025
InicioNewsActualidadeSaen á venda as entradas para o novo festival que nace en...

Saen á venda as entradas para o novo festival que nace en Vigo no que actuarán Maldita Nerea, Beret e Leire

O festival de nova creación, Galicia Fest, vén de desvelar casi ao completo o seu cartel. Concretamente, faltan dous nomes de artistas ou bandas, que figuran como os máis importantes do festival.

Polo de agora, os artistas e grupos confirmados que actuarán a fin de semana do 29 e 30 de agosto no Peirao de Trasatlánticos de Vigo serán: Beret, Leire Martínez, Dorian, Fredi Leis, Hey Kid, La Habitación Roja, Maldita Nerea, Marlon, Samuräi, Sexy Zebras, Éxtasis, Noan y Paula Koops.

As entradas sairán á venda mañá, 30 de maio, ás 12:00h. Ademais, o festival atópanse no marco dos Concertos do Xacobeo promocionados pola Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Así, este novo festival súmase á oferta cultural achegada dende a administración autonómica, «posicionando á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais» a través de festivais como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest ou o Portamérica, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS