sábado, mayo 31, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño convértese na capital da literatura coa Feira do Libro 2025:...

O Porriño convértese na capital da literatura coa Feira do Libro 2025: Catro días de firmas e descontos

O barrio de San Bieito do Porriño converterase, desde este xoves 29 de maio e ata o domingo 1 de xuño, na capital da literatura coa celebración da Feira do Libro de Galicia 2025. Trátase dun evento que busca potenciar o sector das librarías a través das tradicionais casetas nas que os lectores e as lectoras poderán atopar as últimas novidades editoriais con descontos. Paralelamente, terán lugar diversas actividades relacionadas coa cultura como son contacontos, teatro ou obradoiros, entre outras cuestións. Un dos principais reclamos desta Feira do Libro do Porriño 2025 son as firmas que terán lugar durante os catro días nos que as letras toman este municipio da Louriña.

O evento está organizado, un ano máis, pola Federación de Librarías de Galicia e conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño. Participan un total de seis librarías que se localizan ao longo da comunidade e ofrecerán descontos do 10% nos exemplares que os visitantes merquen desde o 29 de maio e ata o domingo 1 de xuño.

Horarios da Feira do Libro do Porriño 2025

A Feira do Libro do Porriño abrirá as súas portas este xoves 29 de maio coa inauguración oficial a partir das 18:00 horas. O autor porriñés Samuel Merino é o encargado de ofrecer o pregón. Ademais, quince minutos antes, terá lugar a actuación das pandareteiras Pande Atios. Os demais días, as casetas das seis librerías que participan abrirán tanto en horario de mañá como de tarde. Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas e a partir das 17:00 horas e ata as 21:00 horas.

Librarías

  • Librería Porto (Ponteareas)
  • Libraría Pedreira (Santiago de Compostela)
  • Libraría Copi-Rey (O Porriño)
  • Librería Uróboros (As Neves)
  • Librería Paz (Pontevedra)
  • Libraría Cartabón (Vigo)

Programación Feira do Libro do Porriño 2025

XOVES, 29 DE MAIO

  • 17:45 Actuación musical a cargo das Pandereteiras Pande Atios da Asociación Cultural Os Penediños de Atios
  • 18:00 Acto inaugural da Feira do Libro do Porriño, pregón a cargo do poeta Samuel Merino

CASETAS LIBRARÍAS

  • 17:00 Samuel Ferro asina La queimada de las ánimas na caseta da libraría Paz
  • 18:00 Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros
  • 18:30 Diego Giráldez asina Xulia e as cóxegas das nubes na caseta da libraría Porto

VENRES, 30 DE MAIO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 11:00 Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai
  • 12:00 Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai
  • 18:00 Actuación musical a cargo do grupo de guitarras EMMUS da Escola Municipal do Porriño
  • 18:30 Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia. Patrocinado por Deleite

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00 Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto
  • 11:00 Ricardo Canosa asina Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda na caseta da libraría Paz
  • 12:00 David Gesteira asina A historia de Galicia en 30 obxetos na caseta da libraría Uróboros
  • 17:00 Sabela Senn asina La última musa na caseta da libraría Uróboros
  • 17:00 Mª Olga Alonso Alonso asina En la otra orilla na caseta da libraría Paz
  • 17:30 Isabel Porto asina ¿Quién robó el tiempo? na caseta da libraría Porto
  • 18:00 Andrea Martínez Baladrón asina Dos abrazos sobre el agua na caseta da libraría Copi-Rey

SÁBADO, 31 DE MAIO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 18:30 Contacontos e obradoiro ¿Quién robó el tiempo? con Isabel Porto Collazo
  • 19:30 Carlos Callón presenta Vidas e historias LGBT da Idade Media acompañado por Soraya Domínguez Portela

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00 Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto
  • 11:00 Raquel Castro asina Bonecas na caseta da libraría Paz
  • 11:00 Samuel Ferro asina A Queimada das ánimas na caseta da libraría Uróboros
  • 12:00 Antía Martín asina Amores Extraños na caseta da libraría Copi-Rey
  • 17:00 Amara Castro asina Hasta siempre Malena Giestal na caseta da libraría Paz
  • 17:00 Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto
  • 17:00 Javier Regueira Serrano asina El límite Kallmann Parte 1: La caída na caseta da libraría Uróboros
  • 17:00 Josiño Araújo asina San Meteoro na caseta da libraría Pedreira
  • 18:00 Samuel Ferro asina A queimada das ánimas na caseta da libraría Copi-Rey
  • 19:00 César Cequeliños asina as súas obras na caseta da libraría Pedreira
  • 19:00 María Besteiros asina Ítaca na caseta da libraría Pedreira
  • 19:30 Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros

DOMINGO, 1 DE XUÑO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 17:30 Contacontos: Xela, aventura na fraga con Inma Soto
  • 18:30 Obradoiro: Follas de Papel, facemos marcapáxinas con papel reciclado. Prazas limitadas!
  • 19:30 Recital Poético con Samuel Merino
  • 20:30 Actuación musical a cargo do grupo de música tradicional EMMUS da Escola Municipal do Porriño

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00 Alba López Paredes asina Glesea I y II na caseta da libraría Paz
  • 11:00 Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros
  • 11:30 Samuel Ferro asina A queimada das ánimas e Tierra de leyenda na caseta da libraría Porto
  • 12:00 Lisi da Silva asina El ruido de los tonos grises na caseta da libraría Copi-Rey
  • 17:00 Carmen Pereiro asina En aquellas calles dibujé mis pasos na caseta da libraría Paz
  • 17:00 Carlos Gabriel Fernández asina 50 lugares sagrados de Galicia na caseta da libraría Uróboros
  • 17:30 Eva Riobó asina Doncella de hierro na caseta da libraría Porto
  • 18:00 Alba López Paredes asina Trilogía de Nandinor, Trilogía Leyenda de Noa e Bilogía de Glesea na caseta da libraría Copi-Rey
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS