Mondariz
Mondariz celebra este sábado 24 de maio, a partir das 21:30 horas a primeira edición do Festival Alborexar. Será na Praza de España, «nunha noite que promete ser máxica, chea de baile, música e emoción», segundo indican desde o Concello.

Ademais, o municipio de Mondariz encherase de literatura e música coa presentación do libro A música de tradición oral en Mondariz o sábado 24 de maio no Auditorio do Centro Social. A partir das 20:00 horas.

A axenda cultural da comarca do Condado continúa en Mondariz porque a parroquia de Gargamala celebra este 24 de maio a segunda edición do Serán das Letras cun roteiro literario e recital poético.

Ponteareas
A capital do ciclismo, Ponteareas, celebra este sábado 24 e domingo 25 de maio a Sestelo Álvaro Pino.
Ademáis, para os mozos e as mozas de máis de 14 anos teñen unha cita cun Escape Room que se celebra co obxectivo de sensibilizar e educar sobre os riscos dos xogos de azar. A entrada é gratuíta.

Ponteareas prologa a celebración do Día das Letras Galegas e os días 24 e 31 de maio terá lugar os concertos de “Os cantares das pandereteiras”.

As Neves
A maxia chega ao municipio das Neves co Mago Paco o domingo 25 de maio a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.

Salvaterra de Miño
O municipio de Salvaterra de Miño celebrará «Salvaterra Milenaria» no recinto amurallado a partir das 10:00 horas. Haberá un mercado milenario e xogos para toda a familia, entre outras actuacións.

Salvaterra de Miño celebra este sábado 24 de maio o Festival Letras Galegas do Coro Cantemos na Igrexa Parroquial de San Lourenzo a partir das 20:00 horas.

A bailarina Raquel Ferradás representará en Salvaterra de Miño Mesura ao lado da casa do Conde e, ademais, impartirá un obradoiro de danza familiar na Casa do Conde.

Salceda de Caselas
A ANPA Altamira, do CEP Altamira de Salceda de Caselas, organiza a súa XXXVII Marcha Ciclista en colaboración cos comercios locais da vila e a Comunidade de Montes.

A parroquia de Soutelo organiza a I Furancheira onde haberá comida caseira, viño tinto e branco e música en directo.

As Neves
A maxia divertida chega a As Neves da man do Mago Paco este domingo ás 19:00h.
O evento terá lugar no Auditorio Municipal.

Arbo
Arbo acollerá este sábado 24 de maio a concentración de coches Alpine.
Ás 11:30h na Praza do Consistorio.

Nigrán
O grupo San Rockers chega á Ramallosa durante a sesión de Vermú de Barrio.
Ás 12:30h na rúa Romana das Damas Apostólicas.

Tomiño
O Baixo Miño acollerá a súa XX Feira de Cultivos durante toda a fin de semana.
Toda a información e programación en feiradecultivos.gal.

O Porriño
A parroquia de Cans, no Porriño, celebrará o seu tradicional festival de cinema durante esta fin de semana.
Información e programación ao completo na súa páxina web.
