viernes, mayo 23, 2025
InicioNewsComarcasEspectáculo de luces con Budiño, videomaping ou pantalla xigante no Corpus Christi...

Espectáculo de luces con Budiño, videomaping ou pantalla xigante no Corpus Christi 2025 de Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de anunciar, nun almorzo informativo, a programación do Corpus Christi 2025. Entre as novidades, destaca o espectáculo de luces co gaiteiro Xose Manuel Budiño, unha pantalla xigante que se instalará na Praza Maior para que os visitantes así como os veciños e as veciñas poidan seguir a Santa Misa que oficiará o Obispo de Tui, Antonio José Valín, e unha exposición fotográfica que lucirán os comercios da vila.

Apertura de portais

Ponteareas abrirá os seus tradicionais portais do Corpus Christi 2025 o venres 30 de maio a partir das 20:00 horas. Actuará a Banda de música reveriano Soutullo na Praza bugallal e comezará a e xposición fotográfica Traballos previos ás alfombras de Corpus nos negocios locais. Ata o venres 13 de maio sucederanse actividades infantis e diferentes actuacións de música tradicional así como unha conferencia de Ana Filgueira sobre o Pasado ancestral das alfombras florais. Conciencia e compromiso, de Galicai a Unesco de Ana Filgueira que impartirá en Artistea.

Precisamente, o venres 13 de maio o Concello presenta a revista Pregón coa actuación musical dun dúo de cordas do CMUS no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas e inaugurase o videomaping con diferentes horarios de pases. O primeiro ás 22:30 horas, o segundo ás 23:30 horas e un último ás 00:00 horas. O sábado día 22 proxectarase desde as 22:30 horas ata as 06:00 horas na Fachada do Concello.

Actuación de Xose Manuel Budiño en Ponteareas

A música e o espectáculo chegan a Ponteareas coa actuación do gaiteiro Xose Manuel Budiño. Segundo indica a alcaldesa, Nava Castro, trátase dun xogo de luces e música tradicional que terá lugar na Praza Bugallal. Ademais, a petición dos pais e das nais da vila do Corpus, tal e como explica o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, «haberá un desfile de carrozas con acompañamento musical polas rúas do centro urbano» e «actuarán o Grupo Origen na Praza Bugallal e o grupo América na Praza Maior». Xa a media noite, terá lugar o lanzamento de fogos artificiais.

Triatlón na Freixa

En canto ás actividades deportivas, o sábado 21 de xuño terá lugar a segunda edición de Tritea Campionao triatlón galego para menores 2025 onde os participantes mediranse nas probas de natación, ciclismo e carreira a pé. Desde o 28 ata o 5 de xullo disputarase, tamén, o Torneo de tenis Vila do Corpus.

Eventos relixiosos

Os eventos relixiosos do Corpus Chrisi 2025 en Ponteareas comezarán o domingo 22 ás 08:30 horas coa Santa Misa e ás 12:30 horas terá lugar a tradicional procesión. O luns 23 de xuño terá lugar a Santa Misa por todos os alfombristas falecidos.

Programación do Corpus Christi 2025 de Ponteareas

VENRES 30 DE MAIO

  • 20:00 h – Apertura dos portais alfombristas. Actuación musical da Banda de música de Salceda. Praza de Bugallal.
  • Exposición fotográfica: Retratos dos nosos avós alfombristas nos locais comerciais.

XOVES 5 DE XUÑO

  • 19:00 h – Actividade Infantil «Son animal». Reservas: biblioteca.museo@ponteareas.gal ou no 986660765

SÁBADO 7 DE XUÑO

  • 10:30 h – Conferencia «Pasado ancestral das alfombras florais. Conciencia e compromiso, de Galicia a Xesús, de Ana Liñares Rial» en Artistea

MÉRCORES 11 DE XUÑO

  • 19:00 h – Contacontos «O trevo novo do rei» de Jarabelos Teatro. (Apego). Sala Multiusos Auditorio Reveriano Soutullo.
  • 20:00 h – Actuación do grupo de gaitas Agrupación Folclórica Abrente polos portais alfombristas.

XOVES 12 DE XUÑO

  • 20:00 h – Actuación do grupo de gaitas Sadeo polos portais alfombristas.

VENRES 13 DE XUÑO

  • 20:00 h – Actuación do grupo de gaitas Pedra da Gaita Polos portais alfombristas.
  • 20:30 h – Presentación revista Pregón coa actuación musical dun dúo de cordas do CMUS Reveriano Soutullo. Na Praza Maior.
  • 22:30 h – Inauguración do Videomaping do Corpus na fachada do Concello

SÁBADO 14 DE XUÑO

  • 22:00 h- Actuación de Xosé Manuel Budiño na Praza de Bugallal.

DOMINGO 15 DE XUÑO

  • 12:00 h – Inauguración da exposición «Corpus en flor». Auditorio Reveriano Soutullo.
  • 12:30 h – Lectura do Pregón a cargo de Borja Gómez Méndez e actuación musical Xeración M na Casa do Concello.

LUNS 16 DE XUÑO

  • 20:00 h – Actuación das pandereiteiras As Fluncheiras polos portais alfombristas.

MARTES 17 DE XUÑO

  • 20:00 h – Actuación do grupo Folclórico de CCAD Áreas polos portais alfombristas.

MÉRCOrES 18 DE XUÑO

  • 20:00 h – Actuación do grupo Naiama Gaitas polos portais alfombristas.

XOVES 19 DE XUÑO

  • 17:30 h – Visita guiada «O corpus orixe e tradición». Saída desde o Concello. Prazas limitadas.
  • 20:00 h – Actuación do Grupo de gaitas Os muíños de Oliveira polos portais alfombristas.

VIERNES 20 DE XUÑO

  • 11:00 h – Inauguración decoración colgante «Corpus Inclusivo». Na Praza maior.
  • 17:30 h – Visita guiada «O Corpus orixe e tradición». Saída do Concello. Prazas limitadas
  • 17:30 h – «Xoga en Corpus». Praza da Música
  • 20:00 h – Actuación do grupo Folclórico de Padrón polos portais alfombristas.
  • 21:00 h – Actuación da charanga Noroeste por diversas rúas.

SÁBADO 21 DE XUÑO

  • 18:00 h – Inicio confección das alfombras florais.
  • 20:00 h – Recepción de autoridades e percorrido polos portais alfombristas. Salón de Plenos.
  • 22:00 h – Animacións de rúa a cargo de Mistura Vocal, Senfol gaitas.

DOMINGO 22 DE XUÑO

  • 10:30 h – Recepción de autoridades na Casa do Concello.
  • 11:30 h – Saída da procesión do Corpus Christi coa banda do deportivo.
  • 12:30 h – Procesión do Corpus Christi acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores de Coronación de Espinas de Córdoba
  • 19:00 h – Desfile de carros co acompañamento musical polas rúas do centro urbano
  • 22:00 h – Actuación do grupo «Origen» na Praza Bugallal
  • 23:30 h – Actuación do grupo «América» na Praza Maio. Praza Maior.
  • 00:00 h – Lanzamento de fogos artificiais

LUNS 23 DE XUÑO

  • 12:00 h – Actividade infantil «A bailar» con Animar-t nos Xardíns do Concello.
  • 17:00 h – Inchables na Praza do Concello.
  • 18:00 h – Santa Misa por todos os Alfombristas falecidos.
  • 20:00 h – Monumento aos Alfombristas. Ofrenda floral e memorian.
  • 20:30 h – Acto de entrega de mencións do Corpus Christi coa actuación da banda de Gaitas «Os Zoqueiros». Auditorio Reveriano Soutullo
  • 22:00 h – Actuación da orquestra Tango na Praza Bugallal.
  • 23:30 h – Actuación da orquestra Miramar na Praza Maior.

MARTES 24 DE XUÑO

  • 12:00 h – Entrega de premios do II Concurso de Balcóns Floridos no Salón de Plenos.

ACTIVIDADES RELIXIOSAS

DOMINGO 22 DE XUÑO

  • 08:30 h – Santa Misa.
  • 10:00 h – Santa Misa.
  • 11:30 h – Santa Misa Solemne.
  • 12:30 h – Procesión de Corpus Christi.
  • 20:00 h – Santa Misa.

LUNS 23 DE XUÑO

  • 18:00 h – Santa Misa por todos os Alfombristas falecidos.

DO 20 AO 29 DE XUÑO

  • Oitava do Corpus Christi.
  • 19:00 h – Exposición, rezo e adoración do Santísimo.
  • 20:00 h – Santa Misa da Oitava

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

DOMINGO 15 DE XUÑO

  • 5º aniversario club LEAM no Pavillón Álvaro Pino

SÁBADO 21 DE XUÑO

  • II Tritea Campionato triatlón galego menores 2025 (natación, ciclismo, carreira a pé) na Freixa

Do 28 Ao 30 DE xullo

  • Torneo de tenis Vila do Corpus. Organiza: Club de Tenis de Ponteareas
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS