O Festival de Cans está a unas 24 horas para que baixe o pano ata a próxima edición. Este sábado 24 de maio terá lugar a última xornada do evento cultural máis agardado no Porriño e na súa contorna. Antes de apagar as luces, os veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen ata a parroquia de Cans poderán desfrutar de diferentes actividades como un coloquio con Daniel Sánchez Arévalo ou a actuación de Lúa Mosquetera, entre outros moitos.
Programación para o día 24 no Festival de Cans 2025
As persoas que aínda non se achegaron ata a edición do 2025 do Festival de Cans teñen unha última oportunidade este 24 de maio. A programación comeza a partir das 10:00 horas cun roteiro sobre a tradición oral e musical a partir do documental O accidente de Cans con Xuxo Souto na Saída da Rotonda da Adroza. Á mesma hora, terá lugar o primeiro pase matinal da Sección Oficial de Ficción+Animación no Baixo de Moncho, Cuberto de Chelo, Baixo de Bugarín e Baixo de Alfonso.
Dentro da programación para o 24 de maio do Festival de Cans, destaca o coloquio co cineasta Daniel Sánchez Arévalo no Torreiro, quen presentará o trailer do seu novo traballo audiovisual Rondallas, entre outras cuestións.
10.00 h. Roteiro «Tradición oral e musical a partir do documental O accidente de Cans» con Xuxo Souto. Saída da Rotonda da Adroza.
10.00 h. Primeiro pase matinal da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo do Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarin e Baixo de Alfonso.
10.30 h. Primeiro pase matinal da Sección Oficial de Furacáns-Non Ficción. Casa de Mari e Jalpón de Aurora.
10.30 h. ExtraCans. Sección paralela de curtametraxes. Fóra de concurso con Nerea Barros, Daniel Sánchez Arévalo, María Vázquez e Marcos Varela. Baixo de Carlos.
11.00 h. Podcast «Cultura a todas luces». Entrevista con veciños e equipo de Cans. Adro da Igrexa.
12.00 h. Coloquio na Leira: Daniel Sánchez Arévalo. Torreiro de Cans.
13.15 h. Colocación de estrela de Daniel Sánchez Arévalo. Torreiro de Cans.
13.30 h. Segundo pase matinal da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo do Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugariñ e Baixo de Alfonso.
13.30 h. Segundo pase matinal da Sección Oficial de Furacáns-Non Ficción. Casa de Mari e Jalpón de Aurora.
13.30 h. Retrospectiva de curtas «Alfonso Zarauza, 30 anos de curtametraxes» coa presenza do cineasta. Baixo de Carlos.
13.30 h. Sesión Vermú Povarol: Abril. Torreiro de Cans.
13.30 h. Minicans. Actuación: Ukelele de bateas con «Anton Ke». A Leiriña. Parque do río.
15.30 h. Procesión de chimpibuses coa Banda de Gaitas de Mosende desde Casa de Paz e Rafa ata o Torreiro.
16.00 h. Minicans. Proxeccións de curtas na Caixiña de Mistos e Obradoiro de Cinema e Barro. A Leiriña. Parque do río.
16.00 h. Minicans. Polo Correo do Vento + Cantareiras de Cans. Cuberto de Antonio.
16.00 h. Dálle Cana: encontro de curtametraxistas das seccións oficiais de Ficción+Animación. Torreiro de Cans.
16.00 h. Primeiro pase da tarde da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo do Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugariñ e Baixo de Alfonso.
17.00 h. Primeiro pase da tarde da Sección Oficial de Furacáns-Non Ficción. Casa de Mari e Jalpón de Aurora.
17.00 h. Minicans: «Voilà le cinéma!» con Leucoiña Pasea. A Leiriña. Parque do río.
17.00 h. Retrospectiva de vídeopoemas «Performance poética» de «Lua Mosquetera». Cuberto de Mucha do Peso + Invernadoiro Rei Zentolo.
17.30 h. Dálle Cana: encontro de curtametraxistas da sección de Furacáns-Non Ficción. Torreiro de Cans.
17.40 h. Segundo pase de tarde da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo do Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarin e Baixo de Alfonso.
18.30 h. Dálle Cana: encontro ExtraCans con María Vázquez, Daniel Sánchez Arévalo, Nerea Barros e Marcos Varela. Torreiro de Cans.
19.00 h. Actuación: A banda da Loba. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
20.30 h. Minicans. «Cine de historias da man de Alice Guy» con Raquel Queixas e Iria Misa. Cuberto de Pato.
20.30 h. Actuación: Xan Pérez e Antón Lago. A Leiriña. Parque do río.
20.30 h. Estrea documental «Son Seivane» de Xosé A. Bocixa + actuación musical «Susana Seivane Cuarteto». Cuberto de Mucha do Peso + Invernadoiro Rei Zentolo.
20.30 h. Terceiro pase de tarde da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo do Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarin e Baixo de Alfonso.
20.30 h. Segundo pase de tarde da Sección Oficial de Furacáns-Non Ficción. Casa de Mari e Jalpón de Aurora.
20.30h. Discohimpín: DJ Irynotothink. Torreiro de Cans.
21.30 h. Concerto: Guadalupe Plata. Torreiro de Cans.
23.00 h. Gala final entrega de Premios. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
00.00 h. Concerto: Santero y los Muchachos. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
01.30 h. Discohimpín: Serial Killerz. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.