jueves, mayo 22, 2025
InicioNewsActualidadeMondra, Caamaño&Ameixeiras ou Biznaga protagonizan a xornada do venres 23 no Festival...

Mondra, Caamaño&Ameixeiras ou Biznaga protagonizan a xornada do venres 23 no Festival de Cans

O Festival de Cans continúa espallando o seu particular agroglamour desde a parroquia ata o mundo. Así, despois da preestrea do filme Antes de Nós, que repasa parte da vida de Alfonso Rodríguez Castelao, as persoas que se acheguen este venres 23 de maio ata a capital do cine poderán desfrutar de, entre outras cuestións, das actuacións de Mondra, Caamaño&Ameixeiras ou Biznaga.

Ademais, no Torreiro reuniranse pola mañá algúns dos grandes actores e actrices do momento como é Tamar Novas, María Vázquez, Nerea Barros e Lucía Veiga. Previamente, haberá un encontro cos cineastas Xiana do Teixeiro, Pablo Dopazo, Alejandro Loayza e Alfonso Zarauza, quen realizará un coloquio no Torreiro de Cans ás 19:00 horas, colocará a súa estrela e recollerá o Premio Pedigree. Tamén creadores como Xacio Baño, Anxos Fazáns, Angel Santos e Adrián Canoura amousarán as primeiras imaxes dos seus novos filmes. 

Actuación de Mondra no Festival de Cans 2025

Mondra actuará pola tarde musicando en directo a curtametraxe Miss Ledya, que conta con Castelao como actor, con entradas esgotadas desde hai semanas, e estrearase o documental Crónicas dun non, de Fernando Rodríguez Peñaño, con acceso libre ata completar aforo.

Ademais dun encontro con Zarauza, terá lugar a noite das homenaxes, e o concerto Paco&Lola de benvida de Caamaño&Ameixeiras e as actuacións de Bizgana e DJ Rapante

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS