jueves, mayo 22, 2025
InicioNewsConcellos +Tui viaxa no tempo ata "Sobredo 1922" coa presentación do libro de...

Tui viaxa no tempo ata «Sobredo 1922» coa presentación do libro de Xosé Ramón Paz Antón

A Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación do libro “Sobredo 1922” de Xosé Ramón Paz Antón este venres, 23 de maio, ás 20 horas. No acto participarán o propio autor, o historiador e profesor, Bieito Alonso, que elaborou o prólogo desta obra e o concelleiro de Cultura de Salceda, Alex Rodríguez Canosa, como promotor desta publicación. Esta actividade forma parte da programación “Tui en letras” que se desenvolve este mes de maio e o de xuño. 

Xosé Ramón Paz Antón realiza nesta obra unha achega documentada aos acontecementos do 28 de novembro de 1922 en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei. Naquela xornada, por disparos da Garda Civil, perderon a vida a labrega Cándida Rodríguez González, natural de Pazos de Reis, municipio de Tui e os labregos Venancio González Romero, natural de Budiño e Joaquín Estévez Besada, natural de Soutelo, ambos os dous do municipio de Salceda de Caselas. Unha ducia de persoas resultaron lesionadas ben por feridas de bala ou contusións diversas, cando participaban nunha concentración agrarista solidarizándose cun veciño da localidade que non pagou rendas de foro e opóndose ao embargo xudicial de bens por ese impago.

Loita agraria en Galicia

Segundo indican desde o Concello de Tui, «este acontecemento desgraciado tivo unha grande repercusión social e política e ficaron como un dos fitos referenciais da loita agraria que axitou a Galicia nas primeiras décadas do século XX e acelerou o debate político para rematar co sistema foral, que se lograría finalmente no ano 1926.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS