Venres, Febreiro 27, 2026
HomeNewsComarcasUn escape de gas obliga a desaloxar a unha vivenda de dúas...

Un escape de gas obliga a desaloxar a unha vivenda de dúas alturas en Ponteareas

Un escape de gas na Rúa Camelias de Ponteareas fixo saltar as alarmas durante este luns en Ponteareas. Sobre as 17:00 horas, os efectivos dos corpos e seguridade do Estado desaloxaron a unha vivenda de dúas alturas e procederon a cortar o tráfico na contorna do cuartel da Garda Civil.

Unha vez no lugar, os axentes da Garda Civil, Policía Local e os bombeiros de Ponteareas procederon a cortar o tráfico na zona como medida de precaución e acordonaron a área ata a chegada dos técnicos da compañía Sestelo. Tamén desaloxaron aos veciños dunha vivenda de dúas alturas. Segundo explicaron os efectivos “non hai risco, pero preferimos desaloxalos ata que viñesen os técnicos a cortar a fuga”.

Segundo explica o tenente de alcaldesa de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, a compañía Sestelo atópase realizando traballos de soterramento de cableado eléctrico e fai un chamamento á calma posto que “non existe peligro”.

Todo apunta a que a fuga de gas se debeu aos traballos que está realizando a compañía do soterramento dos cables eléctricos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS