miércoles, mayo 14, 2025
InicioNewsActualidadeNace en Covelo o proxecto 'Circulo de Mulleres'

Nace en Covelo o proxecto ‘Circulo de Mulleres’

O Concello de Covelo presentará o vindeiro xoves 15 de maio o proxecto ‘Círculo de Mulleres‘ destinado á mellora do benestar físico e mental das mulleres no rural. O proxecto piloto consistirá nunha xornada mensual dende maio a decembro de 2025 destinada á mellora da autonomía e confianza das mulleres.

O acto de presentación terá lugar no Edicifio Mulitiusos do Concello de Covelo ás 19:00h.

A iniciativa, financiada pola Deputación de Pontevedra con cargo ás subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, pretende fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2025.

Así, con estas iniciativas a Deputación de Pontevedra busca ofrecer un espazo seguro e próximo no que as mulleres poidan compartir experiencias, recibir información, mellorar o seu autocoñecemento, autonomía e confianza para a toma de decisións cara un estado de benestar integral en todas as súas etapas da vida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS