jueves, mayo 8, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas instala máis cámaras para reforzar a seguridade

Ponteareas instala máis cámaras para reforzar a seguridade

“As cámaras na rúa teñen unha grande importancia para a seguridade viaria, xa que contribúen a previr accidentes e mellorar a resposta ante emerxencias”, explicou o tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos Glez. Carrera durante a visita ás instalacións da Policía Local onde se atopa o ordenador central que recolle as imaxes das cámaras. «O goberno aposta polas novas tecnoloxías para mellorar a seguridade viaria», segundo indican desde a administración local.

O Concello de Ponteareas conta xa con 16 cámaras instaladas en oito puntos diferentes do centro urbano grazas ao apoio da Deputación que a través do Plan +Provincia subvencionou con 26.378€ este avance na mellora da seguridade no tráfico. 

Ata as oficinas da Policía Local desprazáronse a alcaldesa Nava Castro, o tenente de alcaldesa Juan Carlos Gzlez. Carrera e a concelleira de Infraestruturas Xerais, Raquel Bautista, onde a oficial xefa da Policía Local explicou o funcionamento das cámaras e as vantaxes deste sistema. No encontro tamén estivo o tenente xefe do Posto Principal da Guardia Civil en Ponteareas, Santiago Rodríguez, acompañado de efectivos do posto local.  Para González Carrera as cámaras supoñen un novo recurso para o control de tráfico en zonas de colexios públicos e moito tránsito. A oficial xefa destacou que tamén amplia as posibilidades na resolución de conflitos de tráfico.

Mellora da seguridade e redución de sinistros

As cámaras disuaden aos condutores de exceder os límites de velocidade ou utilizar o teléfono mentres conducen, explicou Glez. Carrera ademais de contribuír na redución de situacións que comunmente causan accidentes, como o exceso de velocidade ou os xiros indebidos.

“A instalación de cámaras de vixilancia do tráfico é unha medida que pode axudar a incrementar a seguridade nas rúas do centro urbano. A mera instalación destas terá efecto disuasorio e non me cabe dúbida que reducirán as infraccións e axudarán a esclarecer contratempos de tráfico”, adiantaba o tenente xefe da Guardia Civil.

Na mesma liña, González Carrera sinalou que, en caso de accidente, as gravacións poden ser fundamentais para determinar responsabilidades legais e aclarar os feitos. “Ademais as cámaras permiten monitorear en tempo real o fluxo de tráfico e responder rapidamente a conxestións, desvíos ou incidentes.

Desde o Concello, indican que «tamén axudarán en termos de sensibilización e educación xa que os rexistros poden utilizarse en campañas educativas para mostrar os efectos reais de condutas irresponsables».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS