A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña «Quere o teu mercado”, donde ademais de reparto de material promocional ó 31 de maio, organizase o Concurso Ven a Praza do Mercado e Gaña, no que se sortea entre os clientes do mercado tres cestas con un vale de compra cada unha de 50 euros e dous de 25 euros.
As persoas que compren na Praza do Mercado, depositaran o seu ticket de compra cos seus datos e telefono na urna que o Concello pon a súa disposición na instalación municipal. Unha vez no mes de xuño, xa rematado o concurso, procederase á resolución do sorteo.
Esta campaña que se desenvolverá nos meses de maio e xuño está organizada polo Concello de Arbo, coa colaboración dos praceiros e a Xunta de Galicia. A iniciativa pretende fomentar o consumo de productos frescos no Mercado.