jueves, mayo 8, 2025
InicioNewsComarcasEstes son todos os concertos da nova edición da Sementeira, en Salvaterra:...

Estes son todos os concertos da nova edición da Sementeira, en Salvaterra: Catuxa Salom ou Dakidarría

Conta atrás para que Corzáns viva, un ano maís, a festa da Sementeira. Este ano celebrarase desde o venres 9 de maio ata o próximo domingo cunha programación que inclúe concertos de grupos galegos, concentración de tractores, feira de artesanía ou obradoiros infantís, entre outras actividades.

Deste xeito, o municipio de Salvaterra de Miño porá en valor a tradición no campo. Para iso, recrearase os traballos de labranza ou a sementeira, a actividade que lle dá nome ao evento que se celebra na Área Recreativa do Muíño da Ponte, en Corzáns, no municipio de Salvaterra de Miño. Ademais destas actividades, a música en directo é un dos atractivos desta gran cita.

Sábado 10 de maio

Terapia de Grupo será o encargado de inaugurar o programa musical do sábado 10 de maio desta nova edición da Festa da Sementeira. Será a partir das 14:00 horas cando comecen a soar as primeiras notas na área recreativa do Muíño da Ponte.

Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, o grupo de folck Os Varacuncas tomarán o relevo no escenario da Sementeira co obxectivo de soster o ambiente de festividade propia deste evento no que se pon en valor a tradición do rural.

A queda dos máis pequenos e das máis pequenas chegará a Salvaterra de Miño a partir das 18:00 horas, co espectáculo infantil a cargo de Pakolas co show «Escoralia canta conta e debuxa». Os obradoiros para a cativada comeza ás 16:00 horas.

E a discoteca móvil aterra tamén en Corzáns coa actuación de La Duendeneta que terá lugar a partir das 19:30 horas e tamén en diferntes pases ao longo da noite ata ben entrada a madrugada.

O Son das Tabernas anegará a área recreativa de Corzáns a partir das 20:00 horas coas súas míticas interpretacións e temas cos que fan saltar e bailar ao público.

A banda que toma o nome de Pepa a Loba, a bandoleira galega do século XIX coñecida pola súa capacidade de resiliencia e por converterse en líder dunha banda de homes que asaltaba á xente rica para axudar ás familias máis desfavorecidas, abrirá a noite na Sementeira. A actuación terá lugar a partir des las 23:15 horas.

A medionoite chegará a Corzáns coas notas do grupo do Val Miñor que fusiona o ska, reggae e tamén os ritmos urbanos, Dakidarría. O pública poderá gozar cos temas máis escoitados como é o caso de Terra ou En Compostela, entre outros.

O grupo de rock de taberna Storrentos pecha as concertos do sábado na Sementeira para dar paso, máis tarde, a última actuación do día de La Duendeneta.

Domingo 11 de maio

As gaitas e a música tradicional comezarán a soar a partir das 11:00 horas con Naiama Gaiteiros. Precisamente, con eles e elas terá lugar a entrada do carro dos ois no torreiro de Corzáns.

Media hora máis tarde, comezan os traballos de labranza e sementeira coa actuación de As Lucernas.

Despois de que o actor e humorista galego Luis Zahera ofreza o pregón a partir das 13:30 horas, Fanfarria Furuxa terá a misión de soster o ambiente festivo na nova edición da Festa da Sementeira neste 2025.

O ambiente festivo continuará a cargo dos Festicultores a partir das 18:30 horas e a galega Catuxa Salom actuará a partir das 21:30 horas no escenario da área recreativa de Corzáns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS