As comarcas do sur de Pontevedra énchense de actividades e plans para toda a familia e todos os gustos. Tres días de música, historia e festas gastronómicas nas que disfrutar a segunda fin de semana de abril.
Venres 11 de abril
Ponteareas acollerá o contacontos infantil “Os ratiños da caixa“.
A fundicón dará comezo ás 18 horas na sala multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo.

Salvaterra acollerá o segundo venres da Ruta Pinchoterra.
Horarios e petiscos na seguinte ligazón.

En Salceda de Caselas comezan as xornadas da Memoria Histórica, que se desenvolverán durante toda a fin de semana.
Programación completa aquí.

Sábado 12 de abril
Antía Yañez presenta a súa nova novela “O Clan das Barbies” na Biblioteca Municipal de Mondariz.
A presentación será ás 20:00h.

Mondariz Balneario acollerá a representación da obra “A trenza dos feitos amargos“.
Ás 20:00h na Sala da Cultura da Casa do Concello de Mondariz Balneario.

A Asociación de Mulleres Rurais de Salceda organiza a “Andaina con Historia en Salceda“.
A distancia da ruta é de aproximadamente seis quilómetros.

Tamén en Salceda, terá lugar a representación teatral de “As zocas non serven para fuxir“.
A función dará comezo ás 20:00h no Auditorio Municipal.

O Porriño acollerá a I Mostra da Camelia durante as xornadas do sábado e do domingo.
A exposición estará aberta dende o sábado ás 16:00h.

Os veciños de San Pedro de Parada, en Ponteareas, celebran a Festa do Chouripán.
Tamén haberá DJ.

Domingo 13 de abril
Rosa Fernández, veciña de Nigrán, inaugura a súa exposición de pintura realista.
A partir das 11:00h no Muíño Porto do Molle.

Salvaterra de Miño acollerá a tradicional representación da “Paixón de Cristo“.
No recinto amurallado a partir das 18:30h.

Concerto de Solistas no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas da man da Banda de Música de Xinzo.
A función dará comezo ás 19:00h.

Mercadillo eco-artesanal na parroquia de Cristiñade, en Ponteareas.
O mercado abrirá de 11:00h a 19:00h.


