viernes, junio 6, 2025
InicioConcellos +As NevesAs Neves dá luz verde ao inicio  da licitación do Servizo de ...

As Neves dá luz verde ao inicio  da licitación do Servizo de  Axuda no Fogar

O Concello de As Neves celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobou por  unanimidade o inicio do procedemento de licitación do Servizo de Axuda no Fogar  (SAF), «unha medida clave para garantir a continuidade e a calidade deste servizo  esencial para moitas persoas do municipio», segundo indican desde a administración local.

O SAF é unha prestación básica dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas en  situación de dependencia, ofrecendo atención no propio fogar para favorecer a súa  autonomía e permanencia no entorno familiar e comunitario. 

Consenso

Desde o goberno municipal valorouse «moi positivamente o consenso acadado entre todas as forzas políticas con representación plenaria, destacando o compromiso común coa atención ás persoas máis vulnerables do concello».

Esta licitación permitirá renovar e adaptar o servizo ás necesidades actuais, reforzando o  apoio ás familias e ás persoas maiores ou dependentes que fan uso deste recurso social. 

O Concello reafirma así o seu compromiso cun «modelo de coidados centrado nas  persoas, transparente e sostible, que asegure un acompañamento digno e profesional  para quen máis o necesita».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS