domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeSantiago lanza unha nova edición do Premio Xohana Torres para recuperar a...

Santiago lanza unha nova edición do Premio Xohana Torres para recuperar a memoria histórica das mulleres

Xa están publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia para unha nova edición do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sorbe as mulleres na sociedade galega. As persoas interesadas en participar poderán presentar as solicitudes ata o 30 de decembro. As obras poden ser de carácter histórico, político, científico, literario, artístico que deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica.

Quen pode presentarse?

A esta convocatoria pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, pero tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia. O prazo de presentación de obras estará ata o 30 de decembro ás 14:00 horas.

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 euros, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS