domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsComarcasPreto de 30 mulleres participarán no Mercado Elas Facedoras esta fin de...

Preto de 30 mulleres participarán no Mercado Elas Facedoras esta fin de semana en Tui

O espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá este sábado 22 e este domingo 23 o Mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre”. Participarán preto dunha trintena mulleres amosando as súas creacións en artesanía, decoración, moda, téxtil, gastronomía, xoiería, agasallo, ilustración, pintura ou escritura. 

O mercado contará amais  cun programa de actividades complementarias, que incluirá unha mesa de debate, actuacións musicais e monólogos de humor.

Así o sábado 22 as 12 h terá́ lugar a mesa redonda “Onde estamos as mulleres na cultura?” coa participación de Andrea González, directora do IKFEM, pianista, xestora e docente, e presidenta da Confederación de Xuventudes Musicais de España; Idoia Cuesta, artesá experta en cestería contemporánea, Premio Nacional de Artesanía 2015; Nati Juncal, produtora de cinema e delegada en Galicia de CIMA; e Clara Rodríguez Cordeiro, socia fundadora e directora de proxectos de 7H Cooperativa Cultural, comisaria de Delas Fest.  A música será a protagonista o sábado pola tarde co concerto da cantautora Carolina Rubirosa ás 19 h. 

Xa o domingo ás 13 h contarase coa actuación da cantautora Leticia Rey, e ás 18 h das humoristas Sobria&Serena, dúo integrado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín.

A concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, resalta a “importancia de visibilizar o talento das mulleres que deciden convertelo na súa forma de vida”. Ademais, incidía nas “sinerxías que poden crear entre elas neste espazo de encontro”. 

O Mercado “Elas Creadoras” abrirá este sábado, 22 de marzo, de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 21.00 h e o domingo, 23 de marzo, de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 20.00 h. A entrada é libre.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS