Luns, Febreiro 9, 2026
HomeConcellos +A CañizaA Cañiza homenaxeará á arquitecta cañicense Rita Fernández Queimadelos

A Cañiza homenaxeará á arquitecta cañicense Rita Fernández Queimadelos

O Concello da Cañiza en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrarán un acto homenaxe á arquitecta Rita Fernández Queimadelos, natural da localidade pontevedresa.

A finalidade é por en valor e visibilizar a figura dunha das pioneiras da arquitectura galega, a quen lle outorgarán o nome da actual Praza do Mercado na Cañiza coa denominación de “Praza arquitecta Rita Queimadelos”.

O acto terá lugar o mércores 5 de marzo ás 12:00h na contorna da praza. A iniciativa estará presidida polo decano do COAG, Luciano Alfaya, e o alcalde da Cañiza, Luís Piña, que serán os encargados de descubrir unha placa coa nova nomenclatura. Ademais, estarán acompañados da secretaria do COAG, María Pierres e os arquitectos María Carreiro e Cándido López, autores do libro ‘Arquitectas pioneiras de Galciia: ocho entrevistas’.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS