viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeDous detidos por roubar de madrugada en establecementos de Salceda de Caselas

Dous detidos por roubar de madrugada en establecementos de Salceda de Caselas

A Garda Civil do Porriño detén a dúas persoas como presuntos autores de 3 delitos de roubo con forza, un deles en grao de tentativa, no Concello de Salceda de Caselas. Os detidos teñen 38 e 21 anos, e o primeiro deles conta con múltiples antecedentes policiais, segundo indica a Garda Civil.

Os feitos foron cometidos durante a madrugada do pasado xoves 27 de febreiro. Por unha banda, entraron en dous supermercados da vila tras forzar o enreixado metálico, onde conseguiron levar os cartos das caixas rexistradoras. O mesmo día intentaron acceder a unha farmacia, mais non conseguiron realizar o roubo.

A investigación foi levada a cabo por axentes do área de investigación da Garda Civil do Porriño en colaboración coa Policía Local de Salceda de Caselas. Tras diversas xestións e coa axuda de inspeccións oculares nos establecementos, localizaron aos autores dos roubos e procederon á súa detención.

As dilixencias xunto aos detidos foron postas a disposición xudicial no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS