sábado, diciembre 6, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioO PaísA CoruñaPreto de 42.000 usuarios maiores de 65 anos non terán que renovar...

Preto de 42.000 usuarios maiores de 65 anos non terán que renovar máis o seu permiso de caza ou pesca en Galicia

A Xunta de Galicia enviará de oficio este ano 2025 a renovación das licencias de caza e pesca continental a todas as persoas titulares que superen ou teñan 65 anos. Esta renovación será de caracter indefinido, é dicir, non será necesario renovalos nun futuro. Segundo informa a xunta, esta medida «beneficia en 2025 a preto de 42.000 afeccionados entre as dúas actividades».

A medida está enmarcada nas modificacións da Lei de pesca continental de Galicia e da Lei de caza de Galicia incluídas na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos da Xunta para este exercicio. O obxectivo é «simplificar os trámites administrativos e que a relación coa cidadanía sexa o máis sinxela e personalizada posible» aseguran dende o goberno galego.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS