Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsActualidadeIncautan 120 quilos de cocaína nun buque no Porto de Marín

Incautan 120 quilos de cocaína nun buque no Porto de Marín

A Garda Civil xunto á Policía Nacional e Vixianza Aduaneira levaron a cabo unha operación antidroga no Porto de Marín no que foron incautados 120 quilos de cocaína.

O rexistro levouse a cabo nun buque ruso que navegaba con bandeira panameña, o “Crown Garnet”, que se atopaba facendo a ruta entre Brasil e Dover con escala en Rotterdam.

As autoridades policias retiveron o buque no Porto de Marín ao ter coñecemento de que este podería conter droga no casco. Así, a Garda Civil desprazou a un grupo de unidades subacúaticas (GEAS) e a inspección realizada resultou positiva incautando 120 quilos de cocaína, segundo informa o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS