O 2025 vén cargado de concertos, especialmente na cidade olívica, que neste caso recibe a nova xira Miami 1990 Tour do grupo Café Quijano. A actuación terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro ás 21:00 horas no Auditorio Mar de Vigo. Esta xira, que se desenvolverá durante o primeiro semestre do ano, ten previsto visitar máis de 20 cidades, nas que “a emoción e a enerxía están aseguradas” segundo indican dende a organización.

O seu último traballo, Miami 1990 é “unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico sen certos fragmentos sonoros noventeros”. A actuación en Vigo será o quinto concerto desta xira na que segundo explica o grupo “queren realizar unha viaxe pola nostalxia, o ritmo e a esencia a través das historias que narran as cancións da banda española”.

Cómpre lembrar, que esta banda española no panorama musical alcanzou as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes como son o pop rock e o bolero. Nestes dous estilos conseguiron chegar ao número un en ventas e ser recoñecidos con premios e nominacións moi prestixiosos como o “Grammy americano” ou o “Grammy Award“.
Ademais, coa súa maxistral triloxía Orígenes: el bolero foron o grupo con máis nominacións do mundo ao «Latin Grammy»: “Grabación del Año”; “Älbum del año”, “Mejor álbum de pop tradicional” e “Productor del año”. Esa mestura única do mellor dos dous xéneros conviven no máxico e enerxético directo dos irmáns Quijano.
Venda de entradas
As persoas interesadas poderán mercar as súas entradas na páxina web de Teuticket. O prezo das mesmas oscilan entre os 35 e os 50 euros, dependendo da zona de butacas escollida.

