viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsComarcasAs Neves convértese nun cine para acoller "Os espazos en branco" de...

As Neves convértese nun cine para acoller «Os espazos en branco» de Xela Arias

O Auditorio municipal das Neves acolle este sábado 14 de decembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra coa finalidade de achegar as longametraxes e curtametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, que comezará ás 20:00 horas, exhibirase a cinta documental “Os espazos en branco”, dirixida por Bruno Arias.

“Os espazos en branco” está centrada na figura da poeta Xela Arias, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. O director da cinta é sobriño da autora, que morreu cando el só tiña cinco anos e da que ten a “espiña cravada” de que, malia ser unha das persoas que máis o influíron na súa vida, apenas lembra nada dela en vida. 18 anos despois da súa perda, Bruno Arias decide transitar as caras e lugares que viviu a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo está a chegar aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Moraña, As Neves e Ribadumia. Ademais de “Os espazos en branco”, tamén haberá proxeccións de “O Corno”, “Matria”, “Fatum”, “A viaxe de Lucy”, “¡Salta!”, “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías” e “Chichi e mais eu”, así como sesións de curtametraxes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS