O Partido Popular de Ponteareas celebrará unha comida de nadal o próximo domingo 15 de decembro no restaurante El Otro Mundo del Tea. O xantar terá lugar ás 14:00h.
Dende o partido aseguran que a festividade será “unha xornada de confraternidade de todos os amigos, amigas e simpatizantes, para desfrutar dun encontro entrañable nestas datas de Nadal”, do mesmo xeito aseguran que tamén é unha “maneira de festexar o primeiro ano de goberno local do partido“.
O menú ten un coste de 30 euros por persoa e inclúe:
- Entremeses variados
- Lagostinos cocidos
- Lagostinos á prancha
- Rodaballo con ensalada
- Tenreira con guarnición
- Postres de Nadal
- Viños
- Café e licores
Dende a dirección recordan que “a xornada está tamén aberta a simpatizantes e colaboradores” e aseguran que “se espera a asistencia de personalidades e cargos do partido”.
É preciso reservar o número de prazas necesarias no teléfono 608 51 65 25.

