O sur da provincia de Pontevedra está cheo de actividades de ocio e culturais para o desfrute de todos os veciños e veciñas da contorna.
Estas son algunhas propostas para esta fin de semana para todas as idades.
Venres 18 de outubro
Contacontos – O Rosal
A Biblioteca Municipal do Rosal acollerá a partir das 18:00h o contacontos infantil “A bruxa Maruxa non quere ser bruxa”. A entrada será de balde e a actividade enmárcase na programación do Concello “Venres Rebuldeiros”, que ten como fin achegar a cativada á lectura.
Foodtruck ‘Galicia Sabe a Mar – Porriño e Mos
As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán nos concellos de Porriño e Mos para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.
Ciclo de Teatro – Tui
O Teatro Municipal de Tui dentro acollerá ás 19.00h o espectáculo “A trompa non é so cousa de elefantes” da man de Catro Cores. Esta formación integrada Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia.
Festa Furancheira de Parderrubias – Salceda de Caselas
A partir das 20:00h da tarde Parderrubias comezará a súa primeira edición da Festa Furancheira na Finca da Lavandeira, que estará amenizada polo grupo de Gaitas Xunco.
A segunda xoranda continuará o sábado 19, a partir das 12:00h da mañá, coa sesión vermú e a partir das 20:00h da tarde a festa volverá estar amenizada polo grupo de Gaitas Xunco.
Sábado 19 de outubro
Teatrea – Ponteareas
O grupo de teatro Pena do Equilibro presentará a súa obra “Día dixital” ás 20:00h no auditorio Reveriano Soutullo con entrada de balde.
Ciclo Clásico “Antonio Palacios” – O Porriño
O auditorio do centro cultural municipal do Porriño acollerá unha conferencia e concerto denominado “O piano na obra de Reveriano Soutullo (1880-1932)” presentado polo pianista Alejo Amoedo.
Foodtruck Galicia Sabe a Mar – Arbo
As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán no concello de Arbo para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.
Mostra de Teatro Afeccionado – O Porriño
A compañía Farándula Velutina ofrecerá a obra “O Agasallo” ás 21:00h no Centro Cultural A Forna de Budiño con entrada libre e de balde ata completar prazas.
XIII Mostra de Corais – Salceda de Caselas
O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas acollerá dende ás 20:00h a XIII Mostra de Corais, onde participarán a Coral Polifónica de Entenza e a Coral Oihartzuna de Muskiz (Bizkaia).
Domingo 19 de outubro
Teatrea – Ponteareas
O grupo de teatro “Os Serodio” ofrece a súa obra “Sete Mulleres para un home” ás 18:00h no auditorio municiapal Reveriano Soutullo con entrada de balde.
Ciclo Clásico “Antonio Palacios” – O Porriño
O auditorio do centro cultural municipal do Porriño acollerá o concerto-presentación dos CDs “Saudades d’Alborada” e “No meu peito”, un compendio de baladas e zarzuelas galegas. Dará comezo ás 19:00h.
Foodtruck Galicia Sabe a Mar – Fornelos de Montes
As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán no concello de Fornelos de Montes para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.
Cine en Goián – Tomiño
O auditorio municipal de Goián convertirase nunha sala de cine coa proxección da película familiar ‘Elemental’. A función dará comezo ás 17:30h.
Ciclo de Teatro de Outono – Gondomar
Este domingo, ás 19:00h comeza o Ciclo de Teatro de Outono no Auditorio Lois Tobio. A obra inaugural será “A Panadeira” da compañía Verbolaria e cun director propio de Gondomar, Juan Bas.
Mostra de Teatro Afeccionado – O Porriño
A compañía Abran paso! Teatro ofrecerá a obra “Heroes en decembro” ás 18:00h no Centro Cultural de Pontellas con entrada libre e de balde ata completar prazas.

