O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta en rolda de prensa das medidas aprobadas na Xunta de Goberno celebrada este venres.
- 225.000 euros para a transformación de infraestruturas deportivas. A Guarda recibirá 70.000 euros para actuar no campo de fútbol da Sangriña, O Porriño 120.000 para o pavillón municipal e Moaña 160.000 euros para un novo skate park
 - 230.000 euros para financiar os servizos de información e atención ao público en 26 oficinas de turismo da Rede Info Rías Baixas
 - 250.000 euros nunha liña de axudas para apoiar o sector agrogandeiro da provincia
 - 1 millón de euros para impulsar novos investimentos en sete concellos da provincia (Gondomar, O Porriño, Tui, Forcarei, Fornelos de Montes, Mos e Cambados)
 

